VISITAS SEN CITA PREVIA
SEN CITA PREVIA
Durante todo o ano
VISITAS GUIADAS FIN DE SEMANA
Visitas guiadas á arquitectura e á historia do CGAC
O primeiro sábado de cada mes organizamos unha visita arredor da arquitectura e a historia do CGAC.
Durante o transcurso destas visitas falarase do deseño de Álvaro Siza Vieira e da súa estreita relación formal e conceptual co parque de Bonaval e coa cidade que o acolle. Percorreremos desde o pórtico exterior ata a cuberta do edificio na que está instalada de xeito permanente a obra Triangular Pavilion do artista Dan Graham.
Para participar nesta actividade non é preciso solicitar cita previa. As visitas partirán da recepción do CGAC ás 12:00 h e terán unha duración aproximada de 50 minutos. O grupo formarase por orde de chegada.
Visitas guiadas ás exposicións
Todos os domingos (excepto os que, por requirimentos de montaxe, non haxa exposicións), o público poderá achegarse ao CGAC para gozar das mostras expositivas acompañado por mediadoras especializadas en arte. Este servizo ten como finalidade estimular o interese pola creación artística contemporánea e facilitar a comunicación entre o espectador e as obras de arte.
Para participar nesta actividade non é preciso solicitar cita previa. As visitas partirán da recepción do CGAC ás 12:00 h. O grupo formarase por orde de chegada. As visitas terán unha duración aproximada de 50 minutos.
Acceso á terraza
Sábados e domingos ás 13:00 h
O público poderá solicitar na recepción do CGAC o acceso á terraza, onde está situada a instalación permanente do artista Dan Graham, Triangular Pavilion, 1997. O acceso ao espazo realizarase baixo a supervisión do persoal do centro.
O número de prazas dispoñibles para participar nas actividades do CGAC poderá variar en función dos posibles cambios normativos relacionados coa COVID-19.