Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Vimeo Instagram rss
TALLERES DE ARQUITECTURA: SEN MOVERTE DO SOFÁ

27 maio - 23 xuño 2012

TALLERES DE ARQUITECTURA: SEN MOVERTE DO SOFÁ

O CGAC presenta o proxecto Sen moverte do sofá. Unha serie de talleres de arquitectura que pretenden dar a coñecer aos participantes diferentes cidades coa axuda doutros compañeiros do territorio español que, coma eles, forman parte do traballo. A través de conexións virtuais, os aprendices de arquitectura, investigan e intercambian información sobre os parecidos e as diferenzas entre as urbes; a súa historia, estrutura, modelos de crecemento e singularidades, que axudan a entender, de xeito global, os lugares que habitamos. Crearemos unha maqueta da cidade de destino (Palma de Mallorca, Madrid, Valencia, A Coruña), para despois construír a escala grande algún dos seus edificios máis emblemáticos. As construcións faranse a partir do Sistema Lupo (do arquitecto Fermín Blanco): unha serie de pezas modulares que permiten múliples posibilidades de combinacións, formas, proporcións, xogos de equilibrio e estratexias de acción.


DESTINATARIOS:
Nenos e nenas de entre 7 e 11 anos

Nº DE PRAZAS POR TALLER: 10
Cada taller acollerá a un grupo diferente de nenos e nenas.

DATAS:
Domingo 27 de maio. Cidade de destino: Santiago de Compostela
Sábado 9 de xuño. Cidade de destino: Palma de Mallorca
Sábado 23 de xuño. Cidade de destino: Madrid

HORARIO:
De 11.30 a 13.30h / Actividade de balde

INSCRICIÓN
Os interesados poderanse inscribir a partir do día 21 de maio, chamando ao teléfono 981546602 ou enviando un correo a cgac.educacion@xunta.es indicando: nome, idade, teléfono de contacto e enderezo de correo electrónico.


IMPARTIDO POR: Santiago Chenlo


COORDINACIÓN: Virginia Villar


COLABORACIÓN co arquitecto Fermín Blanco e o COAG

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal