13 xaneiro - 17 marzo 2021
CURSO VESTINDO A ÉPOCA: A MODA, A OITAVA ARTE - EDICIÓN ONLINE
PROGRAMA
13 de xaneiro. Pensar a moda. Os porqués. Ideas estéticas
20 de xaneiro. Contexto histórico-social da belle époque. As exposicións universais
27 de xaneiro. A nova muller. Visión histórica e artística
3 de febreiro. Charles Frederick Worth. O pioneiro
10 de febreiro. A arte soberana: o modista Félix
17 de febreiro. Damas da moda: Rose Bertin, Palmyre, Jeanne Paquin, as irmás Callot, Madeleine Laferrière...
24 de febreiro. Vestindo a época. Paul Poiret. O revolucionario
3 de marzo. Fashion victims reais e literarias
10 de marzo. Dandismo e dandis. De Zola a Baudelaire
17 de marzo. Visións literarias da moda: Benito Pérez Galdós e Emilia Pardo Bazán
Blanca Paula Rodríguez Garabatos (Santiago de Compostela, 1973) é investigadora e docente en Historia e Historia da arte. Licenciouse en Dereito e Historia, na especialidade de Historia Contemporánea e Estudos Americanos, pola Universidade de Santiago de Compostela e é doutora en Estudos Literarios pola Universidade da Coruña, cunha tese titulada “Moda da belle époque e indumentaria na obra de Emilia Pardo Bazán”.
Impartiu conferencias sobre moda en diferentes seminarios da Universidade da Coruña e participou na Fashion and Design Conference, celebrada recentemente na Escola de Deseño Téxtil e Moda de Galicia (Esdemga) en Pontevedra.
É colaboradora habitual das revistas de cinema Versión original e Icónica, e autora diversos artigos sobre as relacións entre a moda, a literatura e a arte en publicacións como Tropelías, DeSignis, Boletín galego de literatura ou La tribuna.
Como docente de ensino secundario participou en diferentes proxectos que exploran os nexos entre a moda, a arte e a historia da indumentaria; entre eles: Do liño ao tecido (IES Terra de Xallas) ou Maruja Mallo, artista de vangusardia sin sombrero (IES de Valga).
PERSOAS DESTINATARIAS: Persoas interesadas na historia da moda, a historia da arte e a literatura.
INSCRICIÓN: O prazo de inscrición está aberto desde o 25 de novembro de 2020 ao 11 de xaneiro de 2021. As persoas interesadas poden enviar unha mensaxe electrónica a cgac.educacion@xunta.gal. Nela deberán indicar o seu nome completo, DNI, estudos, área de traballo ou interese, un enderezo de correo electrónico e un teléfono de contacto.
Unha vez aceptada a solicitude, informarase as persoas rexistradas sobre como realizar o pago.
PRAZAS: O número de prazas dispoñibles para participar nas actividades do CGAC poderá variar en función dos posibles cambios normativos relacionados coa COVID-19.
MATRÍCULA: 30 €
CERTIFICACIÓN: O CGAC expediralles un certificado a todas aquelas persoas que asistan, como mínimo, ao 75 % das sesións.