Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta

Luns pechado 


Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Instagram rss
VISITAS DIDÁCTICAS EN LIÑA UN ACHEGAMENTO Á ARTE CONTEMPORÁNEA: O CGAC E A SÚA COLECCIÓN

De setembro a xuño

VISITAS DIDÁCTICAS EN LIÑA UN ACHEGAMENTO Á ARTE CONTEMPORÁNEA: O CGAC E A SÚA COLECCIÓN

Durante as sesións realizaremos unha presentación con imaxes dos diferentes espazos, montaxes e exposicións históricas do CGAC exemplificando a través dos múltiples soportes, miradas e discursos das obras da Colección CGAC os diversos xeitos de facer da arte actual.

O obxectivo deste servizo é achegar á arte aos centros educativos e estimular o interese das novas xeracións pola creación artística do seu tempo.


DESTINATARIOS

Cursos de ESO e Bacharelato

DURACIÓN APROXIMADA

60 minutos

REQUISITOS TÉCNICOS

O centro educativo deberá dispor do equipo técnico preciso para participar nunha reunión telemática (aula equipada cun ordenador con cámara e micro, altofalantes e pantalla). 

SOLICITUDE

A actividade é de balde e para participar é preciso que os centros interesados envíen unha mensaxe electrónica a cgac.educacion@xunta.gal coa seguinte información: nome do centro educativo, curso ou idade e número de participantes, día e hora en que desexan realizar a sesión, un número de teléfono e un enderezo electrónico de contacto e mais o nome da persoa responsable.

Unha vez aceptada a solicitude os centros recibirán as indicacións precisas para accederen á sesión en liña.

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
cgac@xunta.gal