Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta

Luns pechado 


Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Instagram rss
CINEMA NO NADAL. BAFTA SHORT FILM 2019

12 e 19 de decembro 2020

CINEMA NO NADAL. BAFTA SHORT FILM 2019

Horario: 19:30 h

Este nadal, o CGAC presenta unha selección das mellores curtametraxes producidas no Reino Unido en 2019.

Froito da colaboración entre o British Council e a British Academy of Film and Television Arts, BAFTA Short Film 2019 é un programa dedicado a promocionar internacionalmente as curtas británicas máis destacadas do ano.

A selección inclúe oito curtametraxes —tres delas de animación— cunha duración total de 110 minutos. Todos os filmes van ser proxectados en versión orixinal con subtítulos en castelán e non son aptos para menores de 16 anos. 


PROGRAMA

73 Cows (73 vacas)

Reino Unido, 2018 / 15 min / Director: Alex Lockwood

Xénero: Documental

Un gandeiro loita contra os seus remorsos cada vez que leva ás súas vacas ao matadoiro. Sabe que algo debe cambiar.

Propostas para premio: Alex Lockwood - Director

 

Bachelor, 38 (Solteiro, 38)

Reino Unido, 2018 / 16 min / Directora: Angela Clarke

Unha historia de amor que marcou a vida dun home en Londres.

Propostas para premio: Angela Clarke - Produtora e directora

 

The Blue Door (A porta azul)

Reino Unido, 2017 / 9 min / Director: Paul Taylor

Clare, unha amable e cariñosa enfermeira, está a abrir a porta ao seu novo traballo, pero poida que haxa portas que é mellor deixar pechadas?

Propostas para premio: Ben Clark - Guionista e produtor executivo, Megan Pugh - Guionista e produtora executiva, Paul Taylor - Director


The Field (O campo)

Reino Unido, Francia, India, 2018 / 19 min / Directora: Sandhya Suri

Entre os talos de millo de Shahzadpur, no reino dos sentidos.

Propostas para premio: Sandhya Suri - Guionista e directora, Thomas Bidegain - Produtor Balthazar de Ganay - Produtor

 

Wale

Reino Unido, 2018 / 20 min / Director: Barnaby Blackburn

Pódese empezar de novo nun mundo tan corrompido?

Propostas para premio: Barnaby Blackburn - Guionista e director, Sophie Alexander - Produtora, Catherine Slater - Produtora, Edward Speleers - Produtor

 

I'm OK (Estou ben)

Reino Unido, 2018 / 6 min / Dirección: Elizabeth Hobbs

Inspirada na vida e na arte do artista Oskar Kokoschka, I’m OK mostra as feridas e traumas dun corazón roto.

Propostas para premio: Elizabeth Hobbs - Directora e produtora, Abigail Addison - Produtora, Jelena Popović - Produtora

 

Marfa

Reino Unido, 2018 / 8 min

Dirección: Greg McLeod, Myles McLeod

Unha viaxe existencial á cidade de West Texas.

Propostas para premio: Greg McLeod - Director e animador, Myles McLeod - Director e guionista

 

Roughhouse (Bromas pesadas)

Francia e Reino Unido, 2018 / 16 min / Guión e dirección: Jonathan Hodgson

Cando tres adolescentes crúzanse con carismático descoñecido, a súa lealdade faise cachizas con terribles consecuencias.

Propostas para premio: Jonathan Hodgson - Guionista, director e produtor, Richard VanDenBoom - Produtor


PRAZAS: O número de prazas dispoñibles para participar nas actividades do CGAC poderá variar en función dos posibles cambios normativos relacionados coa COVID-19.

INSCRICIÓN

O programa é de balde e para participar é necesario inscribirse con antelación enviando unha mensaxe electrónica a cgac.educacion@xunta.gal, no que se indique o día en que lle interesa asistir á proxección, o nome completo, número de DNI, un teléfono de contacto e un enderezo electrónico.

As prazas cubriranse por orde de inscrición.

No caso de que queden prazas libres, o propio día da proxección o público poderá rexistrarse para asistir chamando previamente á recepción do CGAC (tel. 981 546 619).


COORDINACIÓN: Virginia Villar 

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
cgac@xunta.gal