Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta

Luns pechado 


Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Instagram rss
SESIÓNS DIDÁCTICAS EN LIÑA. DESCUBRINDO A ARTE CONTEMPORÁNEA

De setembro a xuño

SESIÓNS DIDÁCTICAS EN LIÑA. DESCUBRINDO A ARTE CONTEMPORÁNEA

Nestas sesións didácticas realizaremos unha presentación con imaxes de diferentes obras de arte contemporáneas deténdonos na diversidade de soportes, materias, discursos, miradas e posibilidades expresivas e experimentais da arte actual. Combinaremos a mostra de imaxes con dinámicas creativas dirixidas ao alumnado.

O obxectivo desta actividade é achegar a arte aos centros educativos e estimular o interese das novas xeracións na creación artística do seu tempo.  

DESTINATARIOS: cursos de Educación Primaria

DURACIÓN APROXIMADA

50 minutos

REQUISITOS TÉCNICOS

O centro educativo deberá dispor do equipo técnico preciso para participar nunha reunión telemática (aula equipada cun ordenador con cámara e micro, altofalantes e pantalla). 

SOLICITUDE

A actividade é de balde e para participar é preciso que os centros interesados envíen unha mensaxe electrónica a cgac.educacion@xunta.gal coa seguinte información: nome do centro educativo, curso ou idade dos participantes, día e hora en que desexan realizar a sesión, un número de teléfono e un enderezo electrónico de contacto e mais o nome da persoa responsable.

Unha vez aceptada a solicitude os centros recibirán as indicacións precisas para accederen á sesión en liña.

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
cgac@xunta.gal