Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta

Luns pechado 


Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Instagram rss
6º FORO DE DESEÑO FEED

14 outubro 2021

6º FORO DE DESEÑO FEED

O FEED é un evento bianual que organiza a DAG Asociación Galega de Deseño en diferentes cidades de Galicia. O obxectivo principal do FEED é o de establecer un espazo para profesionais e estudantes de deseño onde compartir experiencias e propiciar a reflexión e o debate dentro da nosa profesión, así como satisfacer a demanda de formación continua. Hoxe, é xa un evento de referencia no noroeste da península para todas as persoas e axentes económicos e culturais con interese nos valores innovadores do deseño. O FEED 2021 volve presentar un programa de obradoiros e conferencias dirixido a estudantes de deseño, docentes e profesionais de diferentes disciplinas. Esta nova edición acolle a profesionais do deseño dixital, do deseño gráfico e a comunicación visual, do deseño de produto e de espazos, do deseño de experiencias e do deseño estratéxico e accesible. 


PROGRAMA NO CGAC

SESIÓN DE MAÑÁ

Taller de Pedagoxía do CGAC

10:00–13:45 h Ricardo Tayar. Deseño informado por datos: como os datos poden axudar a deseñar o mellor
produto/servizo dixital posible


 SESIÓN DE TARDE

Auditorio do CGAC

15:30–15:45 h. Acreditacións

15:45–16:00 h. Inauguración

16:00–16:25 h. Laurent Ogel. Deseñar contra ventos e mareas

16:25–16:50 h. Júlia Esqué. Work in progress

16:50–17:15 h. Laura Hernández. Nova virtualidade

17:45–18:10 h. Ana Moliz. Artefactos visuais. Tipografía e publicacións independentes

18:10–18:35 h. Pablo Honey. Artesanía dixital

18:35–19:00 h. Verónica Fuerte. Simplify

19:00–19:45 h. Rolda de preguntas

19:45 h. Despedida e peche



Organiza: DAG (Asociación Galega de Deseño)

Coordinación CGAC: Carmen Hermo


Máis información:  https://dag.gal/feed2021/



Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
cgac@xunta.gal