Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta

Luns pechado 


Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Instagram rss
9º ENCONTRO NACIONAL DE DESEÑO (ENAD)

Do 15 ao 17 de outubro

9º ENCONTRO NACIONAL DE DESEÑO (ENAD)

9ENAD é unha actividade organizada pola Rede Española de Asociacións de Deseño (READ) e a Asociación Galega de Deseño (DAG). Está patrocinada pola Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia e conta co CGAC e co Museo do Pobo Galego como espazos colaboradores.

Os Encontros Nacionais de Deseño buscan dar a coñecer o estado do deseño español e propoñer liñas de pensamento e acción. Nesta edición, a programación xira ao redor do tema “Identidade e territorio”, e o que busca é poñer en valor a cultura e o trazo diferencial que esta representa a través do deseño.

O programa abrangue dous días completos de actividades, con conferencias e mesas de traballo. Nesta ocasión, os grupos de traballo tratarán os seguintes temas e proxectos: “From Spain With Design - FSWD”, “Arquivo do deseño”, “Proxectos internacionais”, “Gráficas en negro”, “Boas prácticas” e “Por unha estratexia de deseño”.


PROGRAMA

Máis info: https://designread.es/


Coordinación 9ENAD: Uqui Permui, María Ramos e Irene García

Coordinación CGAC: Carmen Hermo


Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
cgac@xunta.gal