Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss
SEMINARIO SOBRE ESTÉTICA

29-30 abril, 6-7 maio 2010

SEMINARIO SOBRE ESTÉTICA

A URXENCIA DO DISCURSO
29-30 abril e 6-7 maio

Estrella de Diego
é catedrática de Arte Contemporánea na Universidade Complutense de Madrid. Ocupou a cátedra Rey Juan Carlos I na Universidade de Nova York. A súa investigación céntrase na teoría de xénero e estudos poscoloniais. Ten publicados, entre outros, os seguintes libros: La mujer y la pintura en la España del siglo XIX (1987), El andrógino sexuado. Eternos ideales, nuevas estrategias de género (1992), Tristísimo Warhol (1999), o libro de ficción El filósofo y otros relatos sin personajes (2000) e Querida Gala (2004). Foi comisaria de numerosas exposicións como Simbolismo ruso (Fundación ”la Caixa”, Madrid, Barcelona e Bordeos, 1999-2000) e a representación española na Bienal de Venecia de 2001.

Román de la Calle é catedrático de Estética e Teoría das Artes na Universidade de Valencia Estudo Xeral. Presidente honorario da Asociación Valenciana de Críticos de Arte, é ademais membro do consello reitor do IVAM, do padroado do Museo da Universidade de Alacante e do padroado especial Martínez Guerricabeitia, da Fundación Xeral da Universidade de Valencia. En 1999 foille concedida a Medalla da Facultade de Belas Artes da Universidade Politécnica e posúe a Cruz Afonso X o Sabio e a Medalla de Prata ao Mérito Profesional do Ministerio de Educación. Entre as súas publicacións destacan os
seguintes títulos: En torno al hecho artístico (1981), Lineamientos de estética (1984), Lukács: estética y poética (1985), Senderos entre el arte y lo sagrado (2001) e A propósito de la crítica y otros ensayos (2004).

José Luis Molinuevo é catedrático de Estética e Teoría das Artes da Universidade de Salamanca. Doutorouse en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid e realizou estadías de investigación e ampliación de estudos nas universidades de Bonn e Heidelberg. Foi vicerreitor da Universidade de Salamanca e director do Centro de Estudos Orteguianos da Fundación Ortega y Gasset e integrante do consello de redacción da Revista de Occidente. Actualmente dirixe a colección Metamorfosis de Estética e Teoría das Artes. O seu labor docente céntrase no eido da estética, especialmente na relación entre texto e imaxe, nas materias Estética das creacións literarias e Estética das novas tecnoloxías. O seu labor investigador concéntrase nas transformacións da estética na época contemporánea, especialmente na estética das novas tecnoloxías. Publicou, entre outros, os seguintes libros: La experiencia estética moderna (1998) sobre estética e modernidade; Estéticas del naufragio y de la resistencia (2001), sobre a crise da modernidade; El espacio político del arte (1998); Humanismo y nuevas tecnologías (2004) e La vida en tiempo real. La crisis de las utopías digitales (2006).

Simón Marchán é catedrático de Estética e Teoría das Artes na Facultade de Filosofía da Universidade Nacional de Educación a Distancia. Despois de se doutorar en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense, ampliou os seus estudos de estética e arte contemporánea na Universität zu Köln e na Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn. En xaneiro de 2002 foi distinguido coa Cruz de oficial da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña. É coñecido, sobre todo, pola súa faceta como ensaísta, con obras individuais como Del arte objetual al arte de concepto (1972), La arquitectura del siglo XX (1974), El universo del arte (1981), La condición postmoderna de la arquitectura (1981), Las vanguardias históricas y sus sombras (1995), Las vanguardias en las artes y la arquitectura (2001) e, máis recentemente, Resplandor “pop” y simulaciones postmodernas (2006). Non obstante, tamén foi comisario de exposicións como Berlín, punto de encontro, organizada polo MNCARS en colaboración coa fundación Kultursenat e os museos de Berlín Occidental; Schinkel, arquitecturas, organizada polo Ministerio de Obras Públicas español en colaboración coa National Galerie de Berlín Oriental e os Museos da RDA de Potsdam e Dresde; e Dadaísmo/Constructivismo, tamén producida polo MNCARS en colaboración con varios museos centroeuropeos. É, ademais, asesor de diversos museos e coleccións entre as que se contan a Colección de Arte Español Contemporáneo (Madrid) e a de Fundación Telefónica de España.


COORDINACIÓN CGAC: Cristina Trigo e Virginia Villar
COORDINACIÓN USC: Federico López Silvestre

PROGRAMA
Xoves, 29 de abril
19:00-20:00 h. Estrella de Diego. Lost in Translation. Traducir a French Theory

Venres, 30 de abril
19:00-20:00 h. Román de la Calle. Un filósofo no museo

Xoves, 6 de maio
19:00-20:00 h. José Luis Molinuevo. Cambio de paradigma? A
modernidade da posmodernidade
20:00-21:00 h. Simón Marchán, José Luis Molinuevo, Marisa Sobrino, Federico López Silvestre e Miguel von Hafe Pérez.
Presentación do libro de Simón Marchán La disolución del clasicismo y la construcción de lo moderno

Venres, 7 de maio
19:00-20:00 h. Simón Marchán. A disputa das facultades: coñecemento e interese

DESTINATARIOS: A actividade está dirixida a estudantes de Historia da Arte, Belas Artes e Filosofía así como a todas aquelas persoas interesadas no tema.

INSCRICIÓN: As solicitudes para participar neste seminario pódense presentar na recepción do CGAC, chamando aos teléfonos do Servizo de Actividades e Proxectos Educativos, por correo electrónico ou ben a través da páxina web do centro (inscrición), indicando os seguintes datos do candidato: nome, idade, enderezo postal e electrónico, e teléfono de contacto.

PRAZAS: 60

MATRÍCULA: 20 €; membros da Asociación de Amigos do CGAC: 10 € O primeiro día da actividade entregaráselles aos participantes un formulario de pagamento co que poderán efectuar o ingreso correspondente nas entidades bancarias indicadas. Para formalizar a matrícula, os solicitantes deberán presentar o correspondente xustificante de pagamento acompañado dunha fotocopia do seu DNI.
Entregarase certificado de asistencia.

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal