Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado

Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss
SEMINARIO SOBRE BAS JAN ADER

1-3 xuño 2010

SEMINARIO SOBRE BAS JAN ADER

O seminario está dirixido a historiadores/as, artistas, biógrafos/as e todas aquelas persoas interesadas na figura e na obra de Bas Jan Ader, así como na escena artística dos anos sesenta e setenta.

Koos Dalstra (Leeuwarden, Holanda, 1950). Logo de estudar socioloxía, campo no que se especializou nas Universidades de Bielefeld (Alemaña) e de Irvine (California) participou en diferentes traballos de investigación en campos tan diversos como a arquitectura, a criminoloxía, a ciencia política ou a antropoloxía e a socioloxía visuais. Profesor de arte contemporánea na Gerrit Rietveld Academy (Amsterdam, 1991-1993) e de literatura, educación e arte (1996-2005). Desde 2006 é escritor en residencia na Dalstar Foundation.

Desde 1986 realiza numerosas exposicións, traballo que se ve altamente recoñecido recibindo até en catro ocasión a bolsa da Foundation for Art, Desing & Architecture (Amsterdam). A súa traxectoria artística céntrase na performance, que comeza a desenvolver en 1989. Xunto con Mario van Wijk publica en 2006 a investigación sobre Bas Jan Ader.

Mario van Wijk (Woerdem, Holanda, 1955). Estudou arte e drama en Amsterdam. Como performer comezou a súa traxectoria artística en 1978 colaborando tamén con outros artistas como Aernout Mik. Actriz en numerosas películas entre as que destacan Het Bittere Kruid e Karakter que gañou o Oscar á mellor película estranxeira en 1997.
Como dramaturga escribiu 6 pezas arredor da artista Louise Bourgeois. Participou en numerosas exposicións colectivas e ten publicado numerosos artigos sobre a arte e os nenos.
Sobre Bas Jan Ader iniciou a investigación sobre a súa vida e os seus traballos en 1993 pero é a partir de 2003 cando se concentra na súa biografía. Ao longo destes anos, contribuíu e participou en numerosas exposicións, eventos ou publicacións sobre Bas Jan Ader. En 2006, xunto con Koos Dalstra publica In Search of the Miraculous, Bas Jan Ader 143-1976. Discovery File.


COORDINACIÓN: Cristina Trigo

PROGRAMA
1 xuño
16:00 a 20:00 h

2 xuño
16:00 a 20:00 h

3 xuño
10:00 a 14:00 h

INSCRICIÓN: As solicitudes para participar neste seminario pódense presentar na recepción do CGAC, chamando aos teléfonos do Servizo de Actividades e Proxectos Educativos, por correo electrónico ou ben a través da páxina web do centro (inscrición), indicando os seguintes datos do candidato: nome, idade, enderezo postal e electrónico, e teléfono de contacto.

PRAZAS: 15
Entregarase certificado de asistencia

MATRÍCULA: gratuíta

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal