Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado

Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss
TALLER SEN MOVERTE DEL SOFÁ

13 abril 2013

TALLER SEN MOVERTE DEL SOFÁ

O CGAC continúa a desenvolver o proxecto Sen moverte do sofá (idea orixinal de Arquitectives), un ciclo de talleres de arquitectura que pretenden dar a coñecer aos asistentes diferentes cidades coa axuda doutros compañeiros do territorio español que, coma eles, participan no proxecto.

A través de visitas virtuais, os aprendices de arquitectura, investigan sobre a historia das cidades, a súa estrutura, os seus modelos de crecemento e as súas singularidades, para mellor entender, de xeito global, os lugares que habitan.

Mediante conexións en directo a través da Internet, os participantes, que realizan talleres simultáneos en diversas cidades, intercambian información sobre as semellanzas e as diferenzas das súas cidades, o urbanismo e os modos de vida derivados da situación xeográfica, climática e cultural destas.

Nos obradoiros, constrúense maquetas de gran tamaño de edificios emblemáticos das cidades obxecto de estudo para que os seus pequenos habitantes tenten identificalas desde o outro lado da pantalla do ordenador.

As construcións faranse a partir do Sistema Lupo (ideado polo arquitecto Fermín Blanco): unha serie de pezas modulares que permiten múltiplas posibilidades de combinación, formas, proporcións, xogos de equilibrio e estratexias de acción.

Nesta edición, o destino da nosa viaxe virtual será a lúa. A través de Google Sky exploraremos o enigmático satélite e faremos unha conexión en directo co astrónomo Pedro Pablo Campo, do Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago de Compostela. Os asistentes, poderán entrevistalo para coñecer a historia da lúa, as súas características climáticas e oreográficas, as expedicións que se fixeron… Despois, crearemos vehículos espaciais para viaxar ata aló e urbanizaremos o satélite con edificacións fantásticas. Construiremos unha cidade lunar.

DESTINATARIOS: nenos e nenas de 7 a 11 anos

NÚMERO DE PLAZAS: 15

HORARIOS: de 11 a 13 h

INSCRICIÓN: A actividade é de balde. Os interesados se poderán inscribir chamando aos teléfonos 981 546 623 e 981 546 631 ou enviando unha mensaxe a cgac.actividades@xunta.es na que se indiquen o seu nome, idade, un teléfono de contacto e un enderezo de correo electrónico.

IMPARTIDO por: Santiago Chenlo

COORDINACIÓN: Virginia Villar

Colaboración co arquitecto Fermín Blanco, o COAG e Arquitectives

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal