Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss
SEMANA DOS MUSEOS. MUSEOS (MEMORIA+CREATIVIDADE= PROGRESO SOCIAL)

16-18 maio 2013

SEMANA DOS MUSEOS. MUSEOS (MEMORIA+CREATIVIDADE= PROGRESO SOCIAL)

A celebración do Día Internacional dos Museos é o punto de partida para unha nova edición do ciclo Música e arte. Correspondencias sonoras que se consolida como unha das citas máis relevantes da creación musical en Galicia e se caracteriza polo diálogo entre a música e a arte do noso tempo a partir das exposicións temporais do CGAC. Vertixe Sonora Ensemble, formación encargada de dirixir e desenvolver o ciclo, convida diferentes compositores a crearen doce obras novas coa única premisa de que transiten pola obra dos artistas Miguel Palma, James Welling, Ricardo Basbaum e Graham Gussim, que han pasar polo CGAC ao longo deste ano.

O xoves 16 de maio ás 20:30 horas terá lugar o primeiro dos concertos, titulado Utopía sonora, que toma como referencia as obras do artista portugués Miguel Palma. Un espectáculo con obras de Malin Bang (Suecia, 1974), Marianthi Papalexandri-Alexandri (Grecia, 1974) e Manuel Rodríguez Valenzuela (España, 1980), onde os instrumentos son manipulados e transformados acusticamente por diferentes e variados obxectos.

O sábado 18 de maio, o parque de Bonaval, o Museo do Pobo e o CGAC acollerán o espectáculo de danza Dous espazos, tres movementos da compañía trasPediante. O espectáculo, que comezará ás 12:30 horas nos exteriores de San Domingos de Bonaval e continuará achegándose ao Museo do Pobo Galego e finalmente ao CGAC, usa a poética do movemento para ensamblar elementos aparentemente dispares. As intérpretes e creadoras da peza, Marta Alonso, Paulina Funes e Begoña Cuquejo, debuxarán un percorrido entre estes tres lugares a través de tres movementos que recrean os espectáculos da compañía Habelas, Baleadas e Track 6. O espectáculo contará coa música en directo de Ariel Ninas.

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal