Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado

Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss
TALLER CON RICARDO BASBAUM

1-5 xullo 2013

TALLER CON RICARDO BASBAUM

As conversas colectivas son accións que buscan integrar a escritura e a súa emisión sonora a través da voz e da fala, en relación cos distintos niveis discursivos que están presentes na obra de arte contemporánea. Construídas sempre en grupo, de maneira multivocal e polifónica, e buscando actuar no campo de emisión rítmica da instalación presente no espazo expositivo —xunto aos diagramas e os obxectos—, as conversas colectivas desenvólvense en tres etapas:

1- elaboración conxunta dun documento a partir de encontros de conversación e escritura;

2- lectura pública do documento, conxuntamente, no espazo expositivo;

3- gravación en audio da lectura pública e incorporación á exposición como peza sonora.

Entre os temas que se discutirán neste taller cóntanse as cuestións abordadas directamente polos diagramas presentes na exposición tales como: relacións entre texto, imaxe e voz; sistemas, fluxos e dinámicas; políticas de subxectivación; aspectos de crítica institucional; a imaxe do artista; dinámicas de grupo; liña orgánica, liñas límite, rexións de contacto, ademais doutros temas traídos a partir da experiencia de contacto coa exposición Diagramas.

A lectura pública terá lugar o último día do taller, nun evento público no que se presentarán os resultados do traballo realizado. Esta lectura será gravada en directo e o arquivo sonoro da conversa colectiva será incluído na exposición.

 

CURRÍCULO

Ricardo Basbaum é artista e escritor. Vive e traballa en Río de Xaneiro. Actúa a partir da investigación da arte como dispositivo de relación e articulación entre experiencia sensorial, sociabilidade e linguaxe. As súas accións danse no límite dun enfoque comunicativo para impulsar a circulación de accións e formas. Desenvolveu un vocabulario específico para a súa obra, que aplica de modo particular a cada novo proxecto. Entre as súas exposicións individuais máis recentes destacan Would you like to participate in an artistic experience? (Logan Center for the Arts, Chicago, 2012) e conjs., re-bancos*: exercícios & conversas (Museu de Arte da Pampulha, 2011). Participou na 30ª Bienal de São Paulo (2012), na 7ª Bienal de Xangai (2008) e na documenta 12 (2007), entre outras mostras. En 2012 desenvolveu proxectos para ReaKt – Olhares e Processos (Guimarães, Portugal), Counter-Production (Generali Foundation, Viena), Garden of Learning (Busan, Corea do Sur, 2012) e aberto fechado: caixa e livro na arte brasileira (Pinacoteca do Estado de São Paulo). É autor de Ouvido de corpo, ouvido de grupo (Universidade Nacional de Córdoba, 2010) e Manual do artista-etc (Azougue, 2013). É profesor do Instituto de Artes da Universidade do Estado de Río de Xaneiro.

 

HORARIO

De luns a xoves, de 11:00 a 14:00 horas

Venres, de 18:00 a 19:30 horas

 

DESTINATARIOS: Estudantes e profesionais dos ámbitos da creación artística, a historia da arte, as belas artes, a música e a literatura, e todas aquelas persoas interesadas nas cuestións abordadas no taller.

PRAZAS: 15

MATRÍCULA: 30 €; Amigos do CGAC 25 €

INSCRICIÓN: As solicitudes para asistir ao taller pódense presentar na recepción do CGAC, chamando aos teléfonos do Servizo de Actividades e Proxectos Educativos ou ben a través do correo electrónico cgac.pedagogia@xunta.es, indicando os seguintes datos: nome, enderezo postal e electrónico, e teléfono de contacto.

O CGAC expediralles un certificado de asistencia e aproveitamento ás persoas participantes.

DIRECCIÓN: Ricardo Basbaum

COORDINACIÓN: Gema Baños

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal