Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Vimeo Instagram rss
CICLO DE CONVERSAS SOBRE A EXPOSICIÓN 93

14 xaneiro - 18 marzo 2014

CICLO DE CONVERSAS SOBRE A EXPOSICIÓN 93

Como complemento á mostra 93, coa que o CGAC celebra o seu vixésimo aniversario, o centro organiza unha serie de encontros cos artistas presentes na exposición. A través deles pretende ofrecer unha visión xeral da arte a comezos dos anos noventa e, particularmente, do contexto no que xurdiron as obras que a compoñen.

En cada sesión, dous artistas conversarán co director do centro e comisario da exposición, Miguel von Hafe Pérez, sobre os seus respectivos procesos de creación arredor de 1993, ano en que foron concibidas as obras que forman parte da mostra.

XANEIRO
Martes, 14 de xaneiro        Vari Caramés e Antón Patiño
Martes, 21 de xaneiro        Ignasi Aballí e Juan Luis Moraza
Martes, 28 de xaneiro        Nuria Canal e Chelo Matesanz

MARZO
Martes, 11 de marzo        Pedro Cabrita Reis
Martes, 18 de marzo        Pedro G. Romero e Isidoro Valcárcel Medina

As conversas terán lugar ás 19:00 horas na biblioteca do CGAC.

Folleto xaneiro

Folleto marzo
Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal