Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Vimeo Instagram rss
MÚSICA E ARTE: CORRESPONDENCIAS SONORAS. CICLO DE CONCERTOS A CARGO DE VERTIXE SONORA

18 maio - 16 decembro 2014

MÚSICA E ARTE: CORRESPONDENCIAS SONORAS. CICLO DE CONCERTOS A CARGO DE VERTIXE SONORA

Música e arte: correspondencias sonoras súmase á celebración do Día Internacional dos Museos cunha conmemoración particular: a do seu quinto aniversario, convertido o ciclo nun referente da creación musical internacional coa participación de compositores de numerosos países de Europa (Alemaña, Austria, Francia, Grecia, Holanda, Italia, Portugal, Reino Unido, Rusia, Serbia, Suecia, Suiza), América (Arxentina, Brasil, Canadá, Chile, Costa Rica, Estados Unidos, México) ou Oriente Próximo e Asia (Irán, Israel, Turquía). Nestes encontros entre música e arte teñen cabida todas as expresións creativas actuais co obxectivo de dar a coñecer as estéticas máis avanzadas, os compositores máis relevantes e as perspectivas de desenvolvemento máis interesantes da nova música. Se en edicións anteriores o CGAC acolleu até trinta estreas absolutas vinculadas directamente ás súas exposicións, durante o 2014 engádense once novas obras encargadas por Vertixe Sonora Ensemble.

Referencias clásicas da pintura, ao lado de confrontacións entre realidade e virtualidade, sociedade e tecnoloxía estarán presentes en Vínculos, o primeiro dos concertos deste ano, convertido nunha celebración- homenaxe a esta frutífera relación entre música e arte coa presentación en España das obras de dous compositores intimamente ligados ao labor desenvolvido por Vertixe Sonora e o CGAC, Germán Alonso (España, 1984) e Stefan Prins (Bélxica, 1979).

O segundo concerto, Posible/Imposible, estará relacionado coa á figura do artista galego Diego Santomé. Utopía e fracaso, equilibrio e inestabilidade ou referencias a obras específicas do autor servirán de argumento para as estreas de Bernardo Barros (Brasil, 1980), Francisco Castillo (México, 1983) e Miguel Matamoro (España, 1991), xunto á presentación en España da obra de Fernando Garnero (Arxentina, 1976).

Para o concerto do 18 de novembro a proposta musical vén da man de Takuto Fukuda (Xapón, 1984), Vladimir Gorlinsky (Rusia, 1984), Marek Poliks (Estados Unidos, 1989), Benjamin Scheuer (Alemaña, 1987) e Sabrina Schroeder (Canadá, 1979) baixo o título Desvelado.

En A marxe da realidade escoitaremos as novas creacións de Stefan Beyer (Alemaña, 1981), Lou Michelle (Estados Unidos, 1975), Andrés Nuño de Buen (México, 1988) e Santiago Quintáns (España, 1975), propostas musicais a partires da exposición sobre Carlos León A orde das primeiras cousas.

Paralelamente desenvolverase CAUSAL, encontro internacional de composición, un espazo para a conversa directa cos compositores antes dos concertos e ensaios abertos ao público.

Folleto da actividade

PROGRAMA

18 de maio 13:00 h. Vínculos

Germán Alonso Ecce Saturnus* (2013)
anti-Cronia para saxofón barítono e electrónica en vivo 

Stefan Prins Generation Kill Offspring 1* (2012)
percusión, violonchelo, 2 gamecontrollers, electrónica en vivo, vídeo en vivo

Programa de man


25 de xuño 20:30 h. Posible/Imposible

Miguel Matamoro Outras illas* (2014)
frauta, saxofón, piano e percusión
Francisco Castillo Ideario* (2014)
frauta baixo, saxofón barítono e violonchelo
Fernando Garnero Ballad* (2012)
frauta, saxofón, piano, percusión e electrónica Francisco Castillo Nova obra**
frauta, saxofón e violonchelo
Bernardo Barros Spill** (2013)
saxofón, violonchelo, piano e percusión Miguel Matamoro Nova obra**
frauta, saxofón, piano e percusión

Programa de man


18 de novembro 20:30 h. Desvelado

Marek Poliks Nova obra**
frauta, violín, arpa e piano
Vladimir Gorlinsky Bramputapsel #2* (2013) frauta e clarinete
Sabrina Schroeder Nova obra**
saxofón, arpa, piano e electrónica
Takuto Fukuda Nova obra**
frauta, violín, arpa e electrónica
Benjamin Scheuer Nova obra**
frauta, saxofón, violín, arpa, piano e electrónica

Programa de man


16 de decembro 20:30 h. A marxe da realidade

Lou Michelle Nova obra**
saxofón, guitarra eléctrica e piano
Andrés Nuño de Buen Nova obra**
acordeón, contrabaixo e percusión
Santiago Quintáns Nova obra**
saxofón e guitarra eléctrica
Stefan Beyer Nova obra**
saxofón, acordeón, contrabaixo, guitarra eléctrica, piano e percusión

*Presentación en España / **Estrea absoluta. Encarga de Vertixe Sonora Ensemble

Programa de man


VERTIXE SONORA ENSEMBLE: Alessandra Rombolà frauta / Joaquín Meijide clarinete / Pablo Coello saxofón, gamecontroller / Vadim Yukhnevich acordeón / Roberto Alonso violín, gamecontroller / Criptana Angulo, Thomas Piel violonchelo / Carlos Méndez contrabaixo / Angélica Vázquez arpa / Rubén Barros guitarra eléctrica / David Durán piano / Diego Ventoso percusión / Ángel Faraldo electrónica, difusión de son e vídeo // Pablo Coello dirección musical / Ramón Souto dirección artística

Video


DIRECCIÓN DO CICLO: Pablo Coello 

COORDINACIÓN: Cristina Trigo

COLABORACIÓN CON: Universidade de Santiago de Compostela







Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal