Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Vimeo Instagram rss
EL DOCUMENTAL DEL MES 2014

30 setembro - 11 decembro 2014

EL DOCUMENTAL DEL MES 2014

El Documental del Mes é unha iniciativa da produtora Parallel 40, nacida no ano 2004 no marco do proxecto europeo CinemaNet Europe. Ten como obxectivo achegar o xénero documental ao maior número de espectadores posible e incrementar a presenza do documental europeo nas pantallas cinematográficas. Inclúe a estrea dun filme documental de calidade, de temática e procedencia diversa en 45 cidades españolas e, desde 2009, tamén de Chile e Arxentina.


11 decembro
Approved for Adoption
(2012)
Dirección, guión e animación: Jung Henin e Laurent Boileau. Fotografía: Remon Fromont. Montaxe: Ewin Ryckaert. Son: Dan Vanbever. Música: Siegfried Canto.

Bélxica, Francia. Duración: 75 min.
Versión orixinal subtitulada en castelán.
Entrada libre até completar a capacidade da sala.

A historia: Jung é un debuxante de 42 anos segundo o Rexistro. El prefire pensar que naceu o día que, con 5 anos de idade, foi atopado por un policía, perdido polas rúas de Seúl. Foi un dos 200.000 coreanos abandonados e adoptados por familias de todo o mundo.
Superados os 40, Jung decide volver a Corea do Sur por primeira vez e coñecer o país que o viu nacer, pisar a terra dos seus devanceiros e, se é posible, atopar o rastro da súa nai biolóxica. Unha viaxe física e emocional de retorno á infancia que lle permitirá reconciliarse coas súas raíces e descubrir a súa verdadeira identidade.

Os directores: Nado en Seúl (Corea do Sur) Jung Henin foi adoptado por unha familia belga en 1971. Estudou na Academia de Belas Artes de Bruxelas e iniciouse no mundo da ilustración a través de artigos e portadas de distintas publicacións. En 1991 editouse a súa primeira obra e en 2001 publicou o cómic Couleur de peau: Miel (Cor de pel: mel), un relato autobiográfico en branco e negro no que se basea Approved for Adoption.
Laurent Boileau traballou durante dez anos como cámara e editor en varios documentais. En 1999 empezou a dirixir. A súa paixón polos cómics e as artes gráficas levouno a realizar diversas películas sobre a novena arte.

Ficha


9 decembro
Master of the Universe
(2013)
Dirección e guión: Marc Bauder. Produción: Gunter Hanfgarn. Fotografía: Boerres Weiffenbach. Montaxe: Hansjoerg Weissbrich, Rune Schweitzer. Música: B. Fleischmann. Produtoras: Bauderfilm, NGF Geyrhalterfilm.

Alemaña. Duración: 88 minutos.
Versión orixinal subtitulada en castelán.
Entrada libre até completar a capacidade da sala.

A historia: Os verdadeiros amos do universo non son nin os políticos, nin os exércitos, nin os gobernos. Os verdadeiros amos do universo son os bancos de investimento. Un poderoso banqueiro alemán ofrécenos unha inquietante visión das súas emocións, motivacións e predicións, mentres nos desvela un universo paralelo de ingresos desorbitados e presión desapiadada. Descubrimos un sistema que illa os banqueiros do resto do mundo e os converte en incapaces de reflexionar sobre o seu propio traballo.

O director: Marc Bauder naceu en 1974 en Stuttgart (Alemaña). Estudou Administración de Empresas e despois formouse como cineasta na escola Postdam-Babelsberg. En 1999 fundou a súa propia produtora: Bauderfilm, coa que produciu e dirixiu, entre outras, The System, After Revolution, The Top Manager, The Communist e Grow or Go. O seu documental Master of the Universe estreouse mundialmente na Semana da Crítica en Locarno. Actualmente Marc Bauder traballa, entre outros proxectos, na longametraxe Razzia.

Ficha


25 novembro
Five Days to Dance
(2014)
Dirección: Rafa Molés, Pepe Andreu. Produción: Natalia Maestro, José Luis Rubio. Fotografía: José Luis González. Montaxe: Pepe Andreu, Mónica Zamora. Son: José Luis Rubio. Música: Joan Valent, Montefuji. Produtoras: SUICAfilms, REC grabateka estudioa

España. Duración: 77 min
Versión orixinal subtitulada en castelán.
Entrada libre até completar a capacidade da sala.

A historia: Unha parella de bailaríns aparece unha mañá na aula dun instituto. É luns e anúncianlle a un grupo de adolescentes que teñen cinco días para subirse a un escenario e bailar. Unha semana para cambiar as cousas. Un pequeno prazo pero un gran reto: mover as persoas cando o mundo nos paraliza.
A danza obriga a eses mozos a romper os seus roles xusto no momento das súas vidas no que os roles sociais se están a forxar. O líder deixa de ser o máis admirado, o tímido dá un paso adiante... Bailar obrígaos a tocárense. Comunícanse, iguálanse. Algún non se liberará até o último instante.
Wilfried van Poppel e Amaya Lubeigt son os coreógrafos. El holandés, ela vasca. A danza é a linguaxe común. Non importa o lugar. Cinco días, unha clase de adolescentes, un microcosmos no que sucede un pequeno big-bang.


Os directores: Rafa Molés Vilar é xornalista e guionista. En 2012, recibiu o premio de Xornalista do Ano na III Edición dos Premios de Xornalismo da Comunidade Valenciana. É o creador do equipo de investigación de RTVV e o autor de dezaoito documentais televisivos.
Pepe Andreu Ibarra é un produtor licenciado en Ciencias da Información, Imaxe Visual e Auditiva. Ten 15 anos de experiencia como produtor televisivo, director de documentais e reporteiro de informativos.


Ficha


28 outubro
Demonstration
(2013)
Dirección: Victor Kossakovsky e 32 estudantes. Produción: Jordi Balló, Eva Vila. Guión, fotografía e montaxe: VIctor Kossakovsky e 32 estudantes. Posprodución e son: Juan Sánchez Cuti. Música: ballet Don Quixote de Ludwig Minkus. Produtoras: Victor Kossakovsky Films e Máster en Documental de Creación UPF

España. Duración: 70 min
VO en catalán subtitulada en castelán.
Entrada libre até completar a capacidade da sala.

A historia: 2012, un ano de protestas masivas en todo o mundo, España é escenario de dúas folgas xerais contra os plans xerais deausteridade do Goberno. En Barcelona, os manifestantes congréganse en diversos puntos da cidade e a policía emprega balas de goma para controlalos. As tendas e as oficinas pechan, unhas por vontade propia, outras forzadas polos acontecementos.
Ao mesmo tempo, no Teatro del Liceu, represéntase o ballet Don Quixotede Ludwig Minkus. Nos dous días de folga xeral, 32 estudantes do Máster en Documental de Creación da Universidade Pompeu Fabra bótanse ás rúas coas súas cámaras para rexistrar os feitos desde diferentes puntos de vista, seguindo as indicacións do director ruso Victor Kossakovsky. O resultado é un filme-ballet no que os personaxes, os sons e as situacións atopados se combinan coa música de Minkus nunha mestura reveladora que produce un efecto imprevisible.

O director: Naceu en San Petersburgo en 1961. Traballa como axudante de cámara, axudante de dirección e editor desde 1978. Estudou guión e dirección de 1986 a 1988. Dirixiu dez películas que ganaron máis de cen premios: Losev, The Other Day, The Belovs, Wednesday, Pavel and Lyalya, I Loved You..., Tishe!, Svyato, Vivan las antípodas! e Demonstration canda 32 estudantes.


Ficha


30 setembro
My Stuff
(2013)
Dirección: Petri Luukkainen. Produción: Anssi Perttala. Montaxe: Atti Sjögren. Fotografía: Jesse Jokinen. Son: Juho Luukkainen, Pelle Venetioki. Música: Timo Lassy. Produtora: Unikino.

Finlandia. Duración: 80 min
VO en finés subtitulada en castelán.
Entrada libre até completar a capacidade da sala.
 
A historia: Petri ten 26 anos e séntese completamente perdido. Abandonado pola súa noiva, acurralado por unha enorme hipoteca e cun cartón de crédito ao límite, Petri sente que a súa vida está baleira mentres que o seu piso está cheo de cousas.
Hai algo que bota de menos, así que decide pescudar que é o que realmente lle falta embarcándose nun experimento con tres regras: durante un ano todas as súas pertenzas materiais estarán nun almacén, só poderá recuperar unha cada día e estará prohibido comprar nada de novo.

O director: Petri Luukkainen traballou arreo e dirixiu bastantes proxectos a pesar da súa curta idade. Realizou principalmente documentais, series para Internet e películas comerciais desde 2001. Petri dirixiu o seu primeiro anuncio televisivo cando tiña 17 anos e, desde entón, traballou como director e editor. Recentemente traballou nunha serie de documentais para YLE e dirixiu un anuncio que conseguiu 3.000.000 de visitas en YouTube.

Ficha




Todas as proxeccións terán lugar ás 20:30 h no auditorio do centro. Entrada libre até completar a capacidade da sala.

Máis info en: El Documental del Mes

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal