Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado

Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss
XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA 2014

3 outubro - 1 novembro 2014

XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA 2014

O vindeiro 3 de outubro comeza unha nova edición das Xornadas de Música Contemporánea. Ao longo de todo o mes, haberá máis de dezaoito concertos que recollen as últimas tendencias e novidades no terreo da música contemporánea.

Entre os intérpretes convidados ás xornadas están a pianista Elisa Vázquez Doval ou as artistas Frédérique Cambreling e Bleuenn Le Friec. Participarán tamén as formacións galegas Vertixe Sonora Ensemble, Ensemble IXOR e Taller Atlántico Contemporáneo; o Cuarteto Vogler e o Wiener Klaviertrio, que actuarán por primeira vez en Galicia; e mais a Real Filharmonía de Galicia e a Orquestra Sinfónica de Galicia, que ofrecerán tres concertos sinfónicos. Na sección OFF Contemporánea, que contará coa presenza de Lytos e Zoar Electric, pablo_seoane_trem e Alejandro Vargas, terán cabida a improvisación libre, a música contemporánea e mais o jazz. O programa inclúe varias estreas absolutas dos compositores Antón García Abril, Oliver Rappoport, David Figols, Lula Romero, Ramón Souto e Germán Alonso, ademais dunha proposta didáctica na que participan a CactusWorkquestra (un proxecto aberto dirixido polo artista plástico e sonoro João Ricardo de Barros Oliveira), o Trío Arbós, Zoar Ensemble e a Orquestra do Espazo de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela. A intensa actividade despregada durante eses días completarase cunha sesión de rúa que terá lugar o 4 de outubro.

As Xornadas de Música Contemporánea están promovidas polo Concello de Santiago, a Universidade de Santiago de Compostela, o CGAC e o Centro Nacional de Difusión Musical, e contan co apoio e colaboración doutras institucións.

Programa das xornadas

Programa didáctico AdesTempo

Lista centros educativos e prazas. Performance 17 outubro


CONCERTOS NO CGAC

4 de outubro. Programa
18.30 h: Escenas_combinacións para saxofóns, piano e electrónica. Ensemble Ixor.
20 h: Asia Contemporánea, China_Xapón_Corea. Elisa Vázquez Doval 

5 de outubro. Programa
20 h: Windbox. Lytos e Zoar Electric.

11 de outubro. Programa
18.30 h: George's Odyssey, unha introdución á música de vangarda. Trío Arbós.

12 de outubro. Programa
20 h: Festa do erro. visións_improvisacións sobre Francesco d'Assisi. pablo_seoane_trem

18 de outubro. Programa
12.30 h, 17.30 h e 19 h. CactusWorkestra instalación sonora. João Ricardo de Barros Oliveira.

19 de outubro. Programa
12.30 h e 17.30 h. CactusWorkestra instalación sonora. João Ricardo de Barros Oliveira.

26 de outubro.
12.30 h. Experimenta coa música. Orquestra do Espazo de Cámara da Universidade. Programa
20 h: AMa AZa LaNdo, paisaxes sonoras. Alejandro Varga. Programa



Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal