Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado

Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss
WOMEX 14

23-25 outubro 2014

WOMEX 14

O CGAC colabora coa programación de cine do festival Womex 14 acollendo as proxeccións abertas de tres filmes baixo o título From Berlin to the World.
 

PROGRAMA

Xoves 23 outubro
Midsummer Night's Tango (Viviane Blumenschein, 2011). Gravado entre Arxentina e Finlandia no 2011, o documental, producido por Georg Tschurtschenthaler, descóbrenos o tango arxentino… En Finlandia. Desde o punto de vista do cantante Chino Laborde, o guitarrista Diego 'Dipi' Kvitko, e o bandeonista Pablo Greco, achegarémonos a esa relación entre Finlandia e o tango que conta o cineasta Aki Kaurismäki nos seus filmes.
 
Venres 24 outubro
Que caramba es la vida (Doris Dörrie, 2012) foi gravada en México DF, e producida en Alemaña este mesmo ano. Aborda a cultura mariachi, máis ca unha música, un estilo de vida que mira o mundo desde a perspectiva do “macho”. Con todo, unha manchea de cantantes femininas elixiron ser mariachis. Unha delas é María del Carmen. Coas celebracións populares do “día de los muertos” como pano de fondo, a directora Doris Dörrie acompáñaa a ela e ás súas compañeiras nas súas actuacións nas rúas de México, e a través das súas vidas diarias. Cando as mariachis cantan sobre a vida, a morte e o amor, os pesados traballos da vida cotiá en México parecen un pouco máis soportables.

Sábado 25 outubro
Journey to Jah (Noël Dernesch e Moritz Springer, 2013) Rodada entre Xamaica, Suíza, Alemaña e Italia, do 2007 ao 2013. Os directores, onda o cámara Marcus Winterbauer (Rhythm is it), pasaron sete anos a gravaren dous artistas de reggae: Gentleman (Alemaña) e Alborosie (Italia), na súa busca da autenticidade, lonxe da sociedade de consumo occidental, na terra do rastafari e o reggae. Entre a xente que atoparon no seu camiño figuran Richie Stephens, Damian Marley, Jack Radics, ou o cantante xamaicano Terry Lynn. Xunto cos protagonistas da fita, entraron nun mundo onde a música combate a pobreza, a criminalidade e a falta de perspectivas, e coa que teñen un fondo vínculo espiritual. Un mundo do que Alborosie di "Deus vive aquí. Pero tamén Satán".

Máis info: www.nordesia.com

Todas as proxeccións terán lugar ás 18 h no auditorio do centro. Entrada libre até completar capacidade.



Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal