Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss
EL DOCUMENTAL DEL MES 2015

24 marzo - 30 xuño 2015

EL DOCUMENTAL DEL MES 2015

El Documental del Mes é unha iniciativa da produtora Parallel 40, nacida no ano 2004 no marco do proxecto europeo CinemaNet Europe. Ten como obxectivo achegar o xénero documental ao maior número de espectadores posible e incrementar a presenza do documental europeo nas pantallas cinematográficas. Inclúe a estrea dun filme documental de calidade, de temática e procedencia diversa en 45 cidades españolas e, desde 2009, tamén de Chile e Arxentina.

Todas as proxeccións terán lugar ás 20:30 h no auditorio do centro. Entrada libre até completar a capacidade da sala.

Máis info en: El Documental del Mes


30 xuño
Bicicletas vs coches
(2015)
Director: Fredrik Gertten; Produción executiva: Fredrik Gertten, Chris Paine; Produtores: Margarete Jangard, Elin Kamlert, WG Filme Edición: Benjamin Binderup, Morten Giese, Klaus de León Heinecke, Sascha Fülscher, Phil Jandaly; Música: Florencia Di Concilio; Deseño de son: Alexander Thörnqvist.

Suecia. Dur: 91 min.
Versión orixinal subtitulada en castelán.
Entrada libre até completar capacidade.

A historia: O mundo está inmerso nunha gran crise global que tarde ou cedo se deberá afrontar: o cambio climático, o esgotamento dos recursos fósiles e a contaminación urbana e a dos océanos. A bicicleta eríxese como unha poderosa ferramenta para o cambio, pero a industria automobilística inviste millóns de dólares cada ano para favorecer os seus negocios. Bicicletas vs. coches preséntanos varios activistas e pensadores que loitan para conseguir cidades máis sostibles. Néganse a deixar de ir en bicicleta, a pesar do aumento do número de mortos en accidentes de tráfico.

O director: Fredrik Gertten é un recoñecido e premiado director sueco. Xornalista de profesión, cabe destacar os seus últimos traballos como documentalista, Big Boys Gone Bananas!* (2012) e Bananas!* (2009), que tiveron un longo percorrido internacional en festivais de máis de oitenta países, entre os que destacan Sundance, a Berlinale e Hot Docs.

Ficha



26 maio
Art and Craft
(2014)
Directores: Sam Cullman, Jennifer Grausman; Montaxe e codirección: Mark Becker; Música: Stephen Ulrich; Fotografía: Sam Cullman; Produtores executivos: Lisa Kleiner Chanoff, Christopher Clements, Bonni Cohen, Julie Goldman, Carolyn Hepburn

Estados Unidos. Dur: 89 min.
Versión orixinal subtitulada en castelán.
Entrada libre até completar capacidade.

A historia: Mark Landis é posiblemente o falsificador de arte máis prolífico da historia dos Estados Unidos. Durante 30 anos enganou os responsables de museos de todo o país con imitacións precisas de todo tipo, dende obras de arte do século XV ata pezas de Picasso. As súas accións son misteriosas: aínda que podería gañar millóns de dólares vendendo as súas falsificacións, fai doazóns disfrazado de cura ou de xeneroso filántropo. Matthew Leininger, Xefe de Rexistro do Museo de Cincinatti, ten unha obsesión dende que Landis logrou enganalo cunha das súas creacións: perseguilo e detelo definitivamente. O que empeza como un xogo do gato e o rato se converte en algo sorprendente e moito máis complicado, demostrando unha vez máis que a realidade moitas veces supera a ficción.

Os directores: Sam Cullman é director de fotografía, produtor e director de documentais con máis de 10 anos de experiencia. O seu anterior traballo, The House I Live In (2012), gañou o Gran Premio do Xurado en Sundance e en 2011 estivo nominado ao Oscar ao Mellor Documental con If a Tree Falls. Ex-Xefe da Área de Cine do MoMA, Jennifer Grausman dirixiu e producido decenas de documentais, entre os que destaca Pressure Cooker, nominada ao Emmy ao Mellor Documental.

Ficha


28 abril

The Special Need (2013)

Director: Carlo Zoratti; Productores: Erica Barbiani, Fabian Gasmia e Henning Kamm; Guión: Carlo Zoratti e Cosimo Bizzarri; Fotografía: Julián Elizalde;  Edición: David Hartmann;  Son: Andrea Blasetig, Lorenzo Dal Ri, Freddy Fleing, Tina Laschke, Torben Seemann e Timo Witthöft,e Música: Dario Moroldo.

Alemaña e Italia. Duración: 84 min.
Versión orixinal subtitulada en castelán.
Entrada libre até completar capacidade.

A historia: Esta é a historia de amizade de tres mozos italianos que deciden axudar a un deles a ter a súa primeira relación cunha rapaza. A súa misión non será doada. Carlo e Alex queren axudar o seu amigo Enea de 29 anos a achegarse ás rapazas, aínda que non saben exactamente como facelo pois Enea é autista. Comezarán unha viaxe por toda Europa onde encontrarán moito máis do que estaban a buscar. Unha road movie italiana, alegre, sen complexos e fresca que recolle o espírito do neorrealismo e o incorpora ao documentalismo.

O director: Carlo Zoratti graduouse en deseño na Universidade de Turín. Trasladouse ao centro de investigación en comunicación de Benetton, onde traballou durante dous anos. Despois converteuse en director e autor de cine independente. Dirixiu varios vídeos musicais, curtametraxes, o espectáculo en vivo do cantante italiano Jovanotti, e fundou a web-televisión italiana Pronti Al Peggio. A súa experiencia varía da ficción ao documental.

Ficha


24 marzo
The Good Son (2013)

Director: Shirley Berkovitz; Produtores: Shirley Berkovitz e Noam Pinchas; Fotografía: Shirley Berkovitz e Nitzan Moshe; Edición: Daniel Sivan; Son: Gil Toren e Música: Kutiman.

Israel. Duración: 52 min.
Versión orixinal subtitulada en castelán
Entrada libre até completar capacidade.

A historia: Que pasa pola cabeza dun mozo que decide cumprir o seu soño a calquera prezo? Onde está o límite entre a realización persoal e a fidelidade e a honestidade cara á túa familia? Unímonos á incrible historia de Or, un rapaz de 22 anos que, despois de lles mentir aos seus conservadores pais, decide seguir adiante a calquera prezo. Un retrato apaixonante sobre o medo, a dúbida, a importancia da familia e a forza de vontade de ser un mesmo.

A directora: Nativa de Tel Aviv, Shirly estudou cine na Beit Berl Arts College en Israel, onde dirixiu e produciu a súa primeira curtametraxe Blocked. A súa primeira longametraxe documental 100 % proxectouse no Festival de Cine de DocAviv-Documental, Haifa Cinemateca. En 2009, lanzou The Way Up, gañador do premio ao Mellor Documental en numerosos festivais internacionais e proposto para un Academy Award de Israel en 2010. Actualmente, Shirly está a traballar como editora e directora de proxectos independentes e tamén traballa como titora e formadora en grupos xuvenís e seminarios sobre cine e medios de comunicación.

Trala proxección contaremos coa presenza de Chrysallis Galicia (Asociación de familias de menores transexuais), Sexus (Asociación para a difusión e promoción de sexoloxía) e Ultreia (Asociación LGTBI de Compostela).

Ficha
Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal