Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook twitter Youtube rss
XORNADAS INSULTARTE II

7-8 maio 2015

XORNADAS INSULTARTE II

O CGAC presenta a segunda edición das Xornadas Insultarte, dirixidas polos artistas Vanesa Castro, Iñaki López e Juan Lesta. Unha proposta completa de actividades destinada a estudantes e traballadores dos ámbitos da cultura e da creación co obxectivo de orientalos sobre cuestións laborais, fiscais e de xestión.
O programa estrutúrase en tres bloques que inclúen un taller e dúas conferencias formuladas desde unha visión dinámica e actual, onde os asistentes recibirán as claves e as ferramentas necesarias para identificar e aproveitar as oportunidades de emprego do seu sector, coñecer o marco legal do seu traballo e buscar financiamento para os seus proxectos.



Taller 015
Xoves 7 e venres 8 de maio
HORARIO: de 11 a 14:30 h
PRAZAS: mínimo 10/máximo 20
MATRÍCULA: de balde
O taller consistirá en asesorar os asistentes sobre os seus proxectos. Con base nos seus casos reais, os directores daranlles as claves e as pautas necesarias aos integrantes do grupo para que estes poidan enfocar os seus proxectos no ámbito legal, saiban orzar, protexer as súas creacións ante posibles plaxios ou roubos e conseguir que as súas creacións teñan maiores posibilidades de éxito, consigan financiamento e estean ben expostas.
As persoas que participen no taller terán que traer un proxecto ou obra para traballar.


Visionados 015
Xoves 7 de maio

HORARIO: de 17 a 20:30 h
PRAZAS: entrada libre ata completar as localidades
Neste bloque abordaranse temas fundamentais do ámbito cultural e artístico a partir de ver fragmentos de películas e documentais que versan sobre:
O mito e a figura do artista / creador
A propiedade intelectual e os dereitos de autor
Os tipos de licenzas e entidades de xestión
As creacións en internet e nas redes sociais

Datos 015
Venres 8 de maio

HORARIO: de 17 a 20:30 h
PRAZAS: entrada libre ata completar as localidades
Neste bloque ofrecerase unha serie de datos para que os asistentes elaboren o seu propio criterio sobre a actualidade do sector cultural en España. Ademais, analizaranse os datos obtidos na enquisa Insultarte 2015 e datos obtidos doutros estudos.
Repasaranse tamén as malas prácticas do sector e a consecuente precariedade do medio.

Descargar folleto



Juan Lesta
é director, produtor, montador e creativo. Orienta a súa actividade cara á videocreación, o videoclip, a creación de multimedia e as videoinstalacións. Recibiu diversos premios e mencións de carácter nacional e internacional. Baixo o nome DSK, traballa en varios proxectos audiovisuais e artísticos como codeco.org, iconoscopio.net ou peninsulaxy.net. Socio fundador da produtora coruñesa Esferobite, realiza distintos labores audiovisuais orientados á promoción e comunicación para empresas e á xestión cultural. Desde o ano 2002 imparte clases de audiovisual en diferentes escolas de deseño en Barcelona e impartiu talleres formativos en varios centros de arte e centros culturais de España.

Iñaki López / Vanesa Castro
son artistas multimedia licenciados en belas artes e están especializados en audiovisual e performance. Traballan xuntos desde 2003. Como productores e axitadores culturais, teñen unha ampla experiencia en festivais internacionais e residencias artísticas. Ademais, expoñen os seus respectivos traballos, imparten talleres de formación e ofrecen mostras didácticas sobre audiovisual contemporáneo. Recibiron diversos premios e colaboraron con varias asociacións e espazos de intervención e produción cultural de España e Portugal. Máis información en www.furallefalle.com.



DESTINATARIOS: Estudantes e profesionais dos ámbitos da creación artística e cultural, e todas as persoas que estean interesadas nas cuestións que se van abordar durante as xornadas.

INSCRICIÓN: Para participar no taller é preciso inscribirse enviando unha mensaxe electrónica a cgac.educacion@xunta.es ou chamando ao teléfono 981 546 602. En calquera caso, deberán indicar o seu nome completo, os seus estudos, a súa área de traballo ou interese, un enderezo de correo electrónico e un teléfono de contacto.
Para asistir aos bloques Visionados 015 e Datos 015 non é preciso inscribirse, a entrada é libre até completar as localidades.
O CGAC expediralles un certificado de asistencia e aproveitamento ás persoas que participen no taller.

COORDINACIÓN: Virginia Villar e Rebeca Mariño
Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal