Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss
MÚSICA Y ARTE. CORRESPONDENCIAS SONORAS 2015 I

23 maio - 16 xuño 2015

MÚSICA Y ARTE. CORRESPONDENCIAS SONORAS 2015 I

O ciclo Música e arte: correspondencias sonoras, convertido nun referente da creación musical contemporánea internacional, conta coa participación de compositores de todo o mundo e con máis de corenta estreas absolutas nas súas seis edicións no Centro Galego de Arte Contemporánea.
Nestes encontros entre música e arte teñen cabida as expresións creativas máis actuais. O seu obxectivo é poñer de relevo as propostas escénicas e musicais máis vangardistas do momento. Vertixe Sonora propón á actual xeración de compositores, novas creacións sonoras cunha premisa: a de transitar polas encrucilladas plantexadas polos artistas que expoñen no CGAC.
O ciclo comeza cun programa dobre que se incorpora, una ano máis, a celebración do Día Internacional dos Museos: Tres veces silencio, con obras de Fernando Garnero (Arxentina, 1976) e Januibe Tejera (Brasil, 1978) e Codifica/Recupera, espectáculo multimedia que inclue música instrumental, electrónica e vídeo en vivo, referenciada á exposición colectiva sobre fotografía e edición Edita: secuencia/sentido na que Vertixe Sonora interpretará a nova creación do compositor, percusionista e improvisador Gustavo Costa (Portugal, 1976).
Como na exposición do mesmo título, a peza musical Tectónica propón unha prospección no universo creativo e poético do artista Manuel Vilariño a través das composicións de Eduardo Caballero (México, 1976), Pamela Madsen (USA), Alberto Arroyo (España, 1989), Iker Güemes (España, 1971), Alfonso Mendoza (México) e Nico Sauer (Alemaña, 1986).

Folleto da actividade
Programa de man

Causal. Encontro internacional de composición
Domingo 14 de xuño de 11.00 a 14.00 h. Ensaios abertos ao público.
Martes 16 de xuño ás 20.00 h. Conversa cos compositores previa ao concerto.
Os compositores falarán das súas obras e participarán en ensaios abertos ao público. As persoas interesada poderán achegarse ao auditorio do CGAC para coñecer o seu proceso de creación.
A entrada a todas as actividades do ciclo é libre e gratuíta até completar as localidades.

PROGRAMA


23 de maio
Celebración do Día Internacional dos Museos
13.30 h Tres veces silencio
Fernando Garnero (Argentina, 1976), Interlude (2014)
Guitarra eléctrica
Januibe Tejera (Brasil, 1978), Trois fois silence (I) (2015)
Frauta, guitarra eléctrica e piano
20.30 h Codifica/Recupera
Gustavo Costa (Portugal, 1976), Encode/Retrieve* (2015)
Frauta, arpa, piano, percusión, electrónica e vídeo

16 de xuño

20.30 h. Tectónica
Eduardo Caballero (México, 1976), El negro invadiendo el blanco* (2015)
Saxofón, trompa, violín, cello
Pamela Madsen (EEUU), Riverly is the Moon** (2014)
Vibráfono e vídeo
Alberto Arroyo (España, 1989), Desde el vértice*** (2015)
Violín, cello
Iker Güemes (España, 1971), Grammar* (2015)
Percusión
Alfonso Mendoza (México), Quebranto* (2015)
Saxofón, percusión, electrónica
Nico Sauer (Alemaña), Kammermusik* (2015)
Saxofón, trompa, violín, cello, piano, percusión, electrónica, vídeo


*Estrea absoluta. Encargo de Vertixe Sonora **Estrea nova versión ***Estrea absoluta escrita para Vertixe Sonora

Vertixe Sonora Ensemble: Alessandra Rombolà frauta / Pablo Coello saxofón / Benxamín Iglesias trompa / Roberto Alonso violín / Thomas Piel cello / Angélica Vázquez arpa / Rubén Barros guitarra eléctrica / David Durán piano / Diego Ventoso percusión / Pablo Coello dirección musical / Ramón Souto dirección artística

COORDINACIÓN: Virginia Villar. 

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal