Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Vimeo Instagram rss
XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA 2015

10-29 outubro 2015

XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA 2015

O CGAC participa na cuarta edición das Xornadas de Música Contemporánea que, desde os anos noventa, teñen lugar na cidade de Santiago de Compostela co obxectivo de fomentar e difundir as últimas tendencias e a innovación no ámbito musical.

A actividade, interrompida durante algúns anos, recuperouse en 2012, froito da iniciativa e coordinación do Concello de Santiago, a Universidade de Santiago e o CGAC, co mesmo espírito de traballo e colaboración institucional que caracterizara o proxecto no seu inicio.

Desde 2013, as Xornadas de Música Contemporánea de Santiago contan ademais co apoio da Fundación Cidade da Cultura e coa colaboración na organización, programación, crecemento, difusión e proxección do Centro Nacional de Difusión Musical (CNDM) e do Instituto Nacional das Artes Escénicas e a Música (INAEM).

Por último, as xornadas inclúen unha sección titulada aDesTempo, cun programa de concertos e encontros dirixidos ao público infantil, xuvenil e familiar.

Lugar: Auditorio do CGAC
Entrada de balde con retirada anticipada no CGAC ou na billeteira do Teatro Principal.


PROGRAMA (CGAC)

Martes 13 de outubro
20:30 horas
Concerto Música aos 50… Rodeiro # González
Grupo Instrumental siglo XX
Florian Vashi director

Venres 16 de outubro

20:30 horas
Concerto Catro pezas febrís… Que é a música hoxe?
KONTAKTEduo
Carlos Puga percusión
Patrícia Martíns piano

Sábado 17 de outubro

20:30 horas
Concerto Estrelas variables: Boulez e a creación en España hoxe
Sonido Extremo
Jordi Francés director
Andrés Gomis saxofón

Mércores 21 de outubro
20:00 horas
Encontro Somos memoria… Conversación a propósito da creación de Siempre/Todavía
Alberto Corazón & Alfredo Aracil
Acceso libre até completar a capacidade da sala.

Venres 23 de outubro
20:30 horas
Concerto Siempre/Todavía (2015), ópera sen voces de Alfredo Aracil e Alberto Corazón
Juan Carlos Garvayo piano


aDesTempo
programación didáctica, infantil, juvenil y familiar
Domingo 18 de outubro
12:30 horas
Contos de sempre contados como nunca, concerto para caixa de música, orquestra e narrador
Orquestra do Espazo de Cámara da USC
Mario Diz director
Recomendado para nenos e nenas a partir de 6 anos


As entradas estarán dispoñibles a partir do 15 de setembro no Teatro Principal e os días de concerto no propio CGAC en horario de 11 a 20 h.
Podes descargar aquí o programa completo das xornadas.

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal