Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook twitter Youtube rss

30 novembro - 2 decembro 2017

II CONGRESO DE ARTE DE ACCIÓN. FUGAS E INTERFERENCIAS

O segundo congreso sobre performance Fugas e interferencias , organizado pola Universidade de Vigo en colaboración co CGAC, terá lugar do 30 de novembro ao 2 de decembro de 2017 nas cidades de Pontevedra (Casa das Campás) e Santiago de Compostela (CGAC).

17 febreiro - 6 maio 2017

TENTATIVAS CRÍTICAS. DEBATES

Tentativas críticas. Debates é o núcleo discursivo e teórico do proxecto expositivo (Ex)posicións críticas , que se completa coa edición de tres números dunha revista onde, entre outros contidos e xunto coas intervencións dos participantes nas mesas, se publicarán os diálogos dos comisarios do proxecto con Jes…

13-14 xaneiro 2017

RURALDECONOLIZADO. XORNADAS CAMIÑADAS

Ruraldecolonizado é un proxecto que parte da seguinte cuestión: están a ser os coñecementos xerados dende o medio rural marxinados en favor dos que proveñen das cidades? Mediante a metodoloxía das conversas camiñadas foise tratando de responder a esta pregunta coa axuda de veciños e veciñas de zonas rurais do nor…

16 novembro 2016 - 31 maio 2017

OS OLLOS NON QUEREN PECHARSE. PERSISTENCIAS E RESISTENCIAS DA MIRADA NA HISTORIA DO CINEMA

A historia da humanidade é tamén a historia da mirada. Da luz das estrelas ás sombras das cavernas, o ser humano tratou sempre de ver máis aló, de transcender a súa realidade cotiá. E coa súa insaciable pulsión escópica, coa súa resistencia a pechar os ollos, naceron tamén a ilusión, o soño e a fantasía: o desexo…

28 setembro - 10 novembro 2016

TV OR NOT TV. ITINERARIOS DA FICCIÓN TELEVISIVA

A televisión é esencial para entender a evolución histórica da imaxe e da cultura audiovisual. Desde o seu nacemento revelouse como o medio de comunicación de masas máis influínte debido á súa inmediatez e a unha capacidade case innata por adaptarse aos gustos do espectador.

17-18 de marzo e 22 de setembro de 2016

NON HAI MUSEO SEN DEBATE. CICLO DE ENCONTROS

Estes encontros pretenden ser un lugar de traballo e reflexión ao redor do presente e do futuro dos centros e institucións de arte contemporánea. Nun momento de cambios, tanto na esfera social e política coma na dirección do propio CGAC e doutras institucións públicas galegas, cremos oportuna esta cita para falar…

28 outubro 2015 - 11 maio 2016

A ORIXE DO SÉCULO XXI. TRANSFORMACIÓN DA IMAXE E DO CINEMA CONTEMPORÁNEOS (1990-2010)

A chegada do século XXI non só non supuxo a enésima morte do cinema senón que inaugurou a última (polo de agora) das súas moitas vidas. Unha nova etapa de apaixonantes transformacións non só tecnolóxicas (cinema dixital, 3D, distribución por Internet...) senón tamén xeográficas (eclosión de Asia, da A…

7-8 maio 2015

XORNADAS INSULTARTE II

O CGAC presenta a segunda edición das Xornadas Insultarte, dirixidas polos artistas Vanesa Castro, Iñaki López e Juan Lesta. Unha proposta completa de actividades destinada a estudantes e traballadores dos ámbitos da cultura e da creación co obxectivo de orientalos sobre cuestións laborais, fiscais e de xestión.&…

21-23 maio 2014

NOVOS USOS E PATOLOXÍAS DA IMAXE CONTEMPORÁNEA

A irrupción de internet, ou os avances tecnolóxicos que hoxe permiten e pautan o rexistro e a reprodución de imaxes e sons, provocou un xiro evidente na relación que vincula a imaxe cos seus potenciais consumidores. Entre as cuestións que esta nova dispoñibilidade trae consigo, é oportuno incidir no modo e…

25-26 marzo 2014

XORNADAS INSULTARTE

Insultarte é un programa completo de actividades dirixido a estudantes e traballadores dos ámbitos da cultura e da creación. O programa inclúe un taller, diversas conferencias e unha mesa redonda a través dos cales os asistentes recibirán as ferramentas e as claves necesarias para identificar e aproveitar as op…

14, 28 de setembro e 5 de outubro 2013

CURSO PROTOCOLOS DE ESCOITA

14 , 28 de setembro e 5 de outubro  O curso preséntase como un espazo de reflexión no contexto da música contemporánea, unha viaxe atemporal na que o musicólogo Emilio Lede propón percorridos creativos pola historia da música co obxecto de desentrañar algunhas das claves que configuran a creación musical …

28 xaneiro - 1 febreiro 2013

SEMINARIO ARTE E SUBXECTIVIDADE

28 xaneiro - 1 febreiro O principal obxectivo do seminario Arte e subxectividade é evitar que se cree unha única vía de pensamento sobre o universo artístico. Para iso traballaremos cunha idea que considero fundamental: a política como ética e a ética como política. A ética tratada sen sentido moral e a políti…

31 outubro 2012

SURREALISMO E CINEMA EXPERIMENTAL EUGENIO GRANELL

31 outubro O seminario Surrealismo e cinema experimental desenvólvese arredor da mostra Eugenio Granell e o cine: unha película de vinte minutos , que se centra na produción fílmica do artista e completa un percorrido expositivo trazado na cidade de Santiago de Compostela con motivo do centenario do seu na…

23-25 maio 2012

SEMINARIO: CANLES ALTERNATIVAS DE CREACIÓN

23-25 maio Nos últimos anos, en paralelo á consolidación dun sistema institucional da arte, estamos a asistir ao nacemento de propostas colectivas de produción cultural catalogadas de alternativas ou independentes. O alternativo defínese aquí por contraposición ao institucional (cultura administrada desde unha e…

10 novembro 2011

CONVERSA CON JEFF WALL

Este xoves ás 19.30 horas o auditorio do centro acollerá unha conversa entre o artista, Jeff Wall, cuxa exposición será inaugurada o sábado, 12 de novembro. Xunto a el estarán o comisario da mostra, Joël Benzakin, e o director do CGAC, Miguel von Hafe Pérez. A entrada será de balde até completar aforo.

11-12 xullo 2011

ENCONTRO CO ARTISTA IGNASI ABALLÍ

O VISIBLE E O VISUAL 11-12 xullo O CGAC invita a artistas profesionais ou en formación a participaren nun encontro con Ignasi Aballí, no cal se debaterá acerca da importancia e da hexemonía do visual sobre outros sentidos no mundo contemporáneo. A presenza e mais a produción compulsiva de imaxes fan necesar…

26 de maio 2011

CANLES ALTERNATIVAS DE CREACIÓN. UNHA APROXIMACIÓN CRÍTICA

A proliferación de equipamentos culturais por toda a xeografía ibérica xerou un mapa aparentemente amplo de puntos de produción artística. A abundancia de salas de exposicións, centros e museos de todas as escalas indica un investimento moito maior do que en épocas pasadas. Aínda que, desde o punto de vista económico…

29-30 de marzo 2011

SEMINARIO DE EDUCACIÓN ARTÍSTICA por ANA ANGÉLICA ALBANO

O CGAC organiza un seminario dirixido a docentes de educación primaria, e educadores sociais e de museos que orienten o seu traballo cara á busca de espazos de intersección entre os ámbitos da arte e da educación. Partindo dunha revisión crítica, Ana Angélica Albano explicará algúns dos proxectos sociais de iniciació…

10-11 marzo 2011

MASTER CLASS VOCAL A CARGO DE DEAN BOWMAN

O auditorio do CGAC acollerá os vindeiros 10 e 11 de marzo en horario de 16 a 20 horas unha Master Class Vocal a cargo de Dead Bowman.  Os interesados deben poñerse en contacto coa Escola de Música Estudio a través do enderezo de correo electrónico ara.corodecor@yahoo.es ou no teléfono móbil 652-182540

10 xuño 2006

ENCONTRO CON EDUARDO KAC

Dem. Encontro con... Eduardo Kac propón enfrontar ao creador coa perspectiva crítica, coa autopoética, coa mirada allea, a Eduardo Kac, con dous dos grandes especialistas do noso tempo en teatro e novos medios, arte e novas tecnoloxías, así como na perspectiva do poshumano e da biotecnoloxía, Anxo Abuín Gonzál…

1-3 xuño 2010

SEMINARIO SOBRE BAS JAN ADER

1-3 de xuño No marco da exposición In Search of the Miraculous: trinta anos despois celebrarase un seminario centrado na vida e a obra do artista holandés Bas Jan Ader. A actividade,  impartida polos artistas e investigadores Marion van Wijk e Koos Dalstra, desenvolverase entre o día 1 e 3 de xuño. …

29-30 abril, 6-7 maio 2010

SEMINARIO SOBRE ESTÉTICA

A URXENCIA DO DISCURSO 29-30 abril, 6-7 maio Nun momento en que a banalización dos significados, imposta pola presión do novo e pola primacía do visual, pode pór en perigo a densidade de discursos que requiren unha velocidade de aprehensión máis lenta e esixente, urxe dar espazo a un tipo de reflexión qu…

2008

MÁSTER DE ARTE, MUSEOLOXÍA E CRÍTICA CONTEMPORÁNEAS

Este máster céntrase no ámbito de coñecemento específico da arte das últimas décadas, abranguendo dende aspectos conceptuais e prácticos sobre a crítica, ata o mundo dos museos e as exposicións, a súa xestión, a súa produción e montaxe, didáctica e demais actividades envorcadas no achegamento da arte á sociedade …
Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal