Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Vimeo Instagram rss

7-28 novembro 2017

CINEUROPA 2017

Entre o 7 e o 28 de novembro volve o Festival Cineuropa , este ano na súa 31 edición. Como ven sendo habitual o CGAC  convertiráse nunha das súas sedes e acollerá parte da súa programación fílmica.

1-8 outubro 2017

CURTOCIRCUÍTO 2017

Un ano máis o CGAC colabora co festival internacional de cine Curtocircuíto na súa 14ª edición.

5-20 xullo 2017

CINE DE VERÁN AO AIRE LIBRE. FÓRA DE CONTEXTO. CICLO DE CINE TURISTA

O CGAC e o Cineclube de Compostela programan unha nova edición do Cine de Verán. Este ano, no cinema ao aire libre, proxectaremos Fóra de contexto. Ciclo de cine turista , dirixido por Cibrán Tenreiro. As noites dos mércores e xoves do mes de xullo a partir das 22:30 h poderemos gozar de seis grandes títulos do cine…

8-27 novembro 2016

CINEUROPA 2016

Entre o 8 e o 27 de novembro volve o Festival Cineuropa , este ano na súa 30.ª edición. Como vén sendo habitual o CGAC converterase nunha das súas sedes e acollerá parte da súa programación fílmica.

3-9 outubro 2016

CURTOCIRCUÍTO 2016

Un ano máis o CGAC colabora co festival internacional de cine Curtocircuíto na súa 13ª edición. O festival naceu en Santiago de Compostela no ano 2003 como unha iniciativa do concello da cidade coa intención de potenciar a creación cinematográfica no ámbito da curtametraxe.

6-28 xullo 2016

CINEMA DE VERÁN AO AIRE LIBRE. CICLO DE CINEMA CHECO

Comeza o verán e con el as sesións de cinema ao aire libre no CGAC, este ano cun ciclo dedicado ao cinema checo con películas vinculadas, na súa maioría, ao movemento da Nová vlna, a Nova Onda Checa.

xaneiro - abril 2016

EL DOCUMENTAL DEL MES 2016

El Documental del mes  é unha iniciativa da produtora Parallel 40, nacida no ano 2004 no marco do proxecto europeo CinemaNet Europe. Ten como obxectivo achegar o xénero documental ao maior número de espectadores posible e incrementar a presenza do documental europeo nas pantallas cinematográficas. Inclúe a …

6-20 novembro 2015

CINEUROPA 2015

Entre o 6 e o 29 novembro volve o festival Cineuropa, este ano na súa 29.ª edición. Como vén sendo habitual o CGAC converterase nunha das súas sedes e acollerá parte da súa programación fílmica.

6-11 outubro 2015

CURTOCIRCUITO 2015

Un ano máis o CGAC colabora co festival internacional de cine Curtocircuíto na súa 12ª edición.

29 setembro - 22 decembro 2015

EL DOCUMENTAL DEL MES 2015

El Documental del Mes é unha iniciativa da produtora Parallel 40, nacida no ano 2004 no marco do proxecto europeo CinemaNet Europe. Ten como obxectivo achegar o xénero documental ao maior número de espectadores posible e incrementar a presenza do documental europeo nas pantallas cinematográficas. Inclúe a estrea du…

8-29 xullo 2015

CINE DE VERÁN. A LOITA POLA AFIRMACIÓN. CICLO DE CINE AUSTRALIANO

Os mércores e xoves do mes de xullo e en colaboración co Centro de Linguas Modernas da USC, a Embaixada de Australia e ASBA (Australia Spain Business Association), o CGAC programa, baixo as estrelas, sete películas dos cineastas Stephan Elliott, Bruce Beresford, David Michôd, Peter Weir, Ray Lawrence, Ted Kotche…

24 marzo - 30 xuño 2015

EL DOCUMENTAL DEL MES 2015

El Documental del Mes é unha iniciativa da produtora Parallel 40, nacida no ano 2004 no marco do proxecto europeo CinemaNet Europe.

15 xaneiro - 27 marzo 2015

CANDO 'TIBURÓN' DEVOROU O CINEMA: ASCENSO E CAÍDA DO NOVO HOLLYWOOD

Imos comezar polo final da historia. En 1980, a industria de Hollywood, o establishment, dá un golpe de man e manda parar a revolta iniciada doce anos antes, cando un grupo de novos cineastas irredentos se fixo co poder de facto nos grandes estudos, subidos na crista da onda dos seus éxitos …

9-30 novembro 2014

CINEUROPA 2014

Entre o 9 e o 30 novembro volve o festival Cineuropa, este ano na súa XXVIII edición. Como vén sendo habitual o CGAC converterase nunha das súas sedes e acollerá parte da súa programación fílmica.

23-25 outubro 2014

WOMEX 14

O CGAC colabora coa programación de cine do festival WOMEX 14 acollendo as proxeccións abertas de tres filmes baixo o título From Berlin to the World.

6-11 outubro 2014

CURTOCIRCUÍTO 2014

Chegou Curtocircuíto 2014 , a edición número once desta cita imprescindible para os amantes do cine da nosa cidade e de Galicia enteira. Despois do ano de transición por mor do cambio na dirección artística, o festival recupera as datas orixinais no mes de outubro coa idea de consolidalas en vindeiras edic…

30 setembro - 11 decembro 2014

EL DOCUMENTAL DEL MES 2014

El Documental del Mes é unha iniciativa da produtora Parallel 40, nacida no ano 2004 no marco do proxecto europeo CinemaNet Europe. Ten como obxectivo achegar o xénero documental ao maior número de espectadores posible e incrementar a presenza do documental europeo nas pantallas cinematográficas. Inclúe…

18 setembro - 19 outubro 2014

PROJECT MOSCOW

A idea do desprazamento persoal a un espazo xeográfico excéntrico ábrese a factores de índole especulativa, nos cales o individuo se converte en actor protagonista da súa propia existencia pautada, e en xestor animado da súa aceptación na soidade do descoñecido.

4-6 xuño 2014

CHRIS MARKER: A MEMORIA DO MUNDO

Se hai un cineasta que encarna a vocación reflexiva da modernidade ese é Chris Marker (Neuilly-sur-Seine, 1921 - París, 2012). A partir do diálogo entre textos de gran poder evocador e as artes visuais, Marker concibe a imaxe en múltiples formatos e rexistros e fragua un itinerario estético que gravita sobr…

10 abril - 15 maio 2014

O CINE DO THATCHERISMO: TERRA SEN PAN

É The Iron Lady un dos actos máis obscenos do cine antipolítico dos que gardamos recordo, nacido do máis desenfadado reaccionarismo. A haxiografía de Margaret Thatcher, no seu basto acriticismo nunca suficientemente remarcado, sobrevoa de modo ladino a toda unha xeración de cineastas que utilizou a pantalla…

27 febreiro - 3 abril 2014

CICLO DE CINE TRANSXÉNERO: NINGUÉN É PERFECTO?

Xa é curioso que un dos gags máis famosos da historia da comedia americana e universal, quizais o mellor punchline nunca escrito, fose á conta dun dos maiores tabús do século XX: a transexualidade ou, simplemente, o travestismo.

8-29 novembro 2013

CINEUROPA 2013

Un ano máis o CGAC súmase a Cineuropa, o festival compostelán que neste 2013 celebra o seu 27.º anivesario. As proxeccións terán lugar no auditorio do centro entre o 8 e o 29 de novembro.  Podedes consultar toda a información sobre horarios e títulos no sitio web do festival .

30-31 maio 2013

INTERMEDIALIDADES: TEATRO NO CINEMA CATALÁN

En colaboración coa Área de Filoloxía Catalá da Universidade de Santiago de Compostela organizamos un novo ciclo de cinema co obxectivo de levar a lingua e cultura catalás alén das aulas. A actividade contará coa presenza dos directores Marcel·lí Antúnez e Esteve Riambau que presentarán o seus filmes; o profesor Xosé…

30 abril 2012

DOCUMENTAL THE GHOST OF PIRAMIDA

30 abril O CGAC acolle a presentación do  documental  The Ghost of Piramida , unha película de Andreas Koefoed sobre a visita que o grupo danés   Efterklang realizou en Piramida, preto do Polo Norte, para crear o seu último disco. A partir das 20.30 h. Entrada de balde até com…

28 xuño 2012

PROXECCIÓN DE N-VI DE PELA DEL ÁLAMO

O auditorio do CGAC acollerá o vindeiro xoves, 28 de xuño ás 21 horas a proxección do filme documental N-VI de Pela del Álamo. A fita, producida por Diplodocus Producións , é un percorrido polos seiscentos quilómetros da estrada nacional que durante anos conectaron Galicia e Madrid.

9 novembro - 2 decembro 2012

COLABORACIÓN CON CINEUROPA

Un ano máis o CGAC únese a celebración de Cineuropa, o festival cinematográfico compostelán que neste 2011 cumpre o seu 25 aniversario. As proxeccións terán lugar no auditorio do centro entre o 15 de novembro ao 2 de decembro. Podedes consultar toda a información sobre horarios e títulos no sitio web do festiva…

22-29 outubro 2012

CICLO DE CURTAMETRAXES EXPERIMENTAIS - FESTIVAL AMAL

En colaboración co Festival Internacional de cine euroárabe de AMAL o CGAC acollerá o ciclo de curtametraxes experimentais entre o 22 e o 23 e do 25 ao 29 de outubro. As proxeccións terán lugar , de xeito ininterrompido, de 16 e as 20 horas no auditorio do centro. Entrada libre até completar aforo.

21 e 28 de xulio, 4 de agosto 2012

CINEMAS DE AFGANISTÁN. RELATOS DE XÉNERO E SOCIEDADE

O ciclo Cines de Afganistán ten entre os seus obxectivos omitir os imaxinarios sociais a miúdo instrumentalizados a través dos patróns visuais que impoñen os medios de comunicación convencionais, cuxa percepción, en canto se refire ás mulleres afgás, tende a segregar as distintas realidades e situacións que viven…

28 abril-16 xuño 2012

CICLO NOVO CINEMA GALEGO

CICLO NOVO CINEMA GALEGO 28 abril - 16 xuño O éxito do filme Todos vós sodes capitáns na Quincena de Realizadores de Cannes 2010, co seu director, o galego Oliver Laxe, convertido no único representante español no festival, puxo de manifesto a existencia dunha nova xeración de creadores cinematográficos no…

16 novembro - 3 decembro 2011

CICLO DE DOCUMENTAIS

  COLABORACIÓN CON CINEUROPA 16 novembro - 3 decembro   O CGAC acollerá en vindeiras semanas varias proxeccións de documentais sobre artistas plásticos portugueses e españois. O ciclo intégrase dentro da programación de Cineuropa, festival co que o centro volve colaborar nesta XXIV edición.…
Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal