Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook twitter Youtube rss

16-21 maio 2017

SEMANA DOS MUSEOS. MUSEOS E HISTORIAS CONTROVERTIDAS: DICIR O INDICIBLE NOS MUSEOS

Coa finalidade de sensibilizar o público respecto do papel que lles corresponde aos museos no desenvolvemento da sociedade, o 18 de maio celebramos o Día Internacional dos Museos. Desde 1992, o Consello Internacional de Museos (ICOM) propón un lema anual arredor do cal se reúnen todos os membros da comunidade museíst…

1 outubro 2016 - 27 maio 2017

VISITAS GUIADAS DURANTE A FIN DE SEMANA

O CGAC programa visitas guiadas durante a fin de semana. Todos os sábados, desde outubro de 2016 até maio de 2017, o público poderá achegarse ao CGAC para gozar das mostras expositivas acompañado por mediadoras especializadas en arte.

7-11 setembro 2016

WOS INC 2016

WOSINC é un encontro de carácter anual que defende unha visión ampla da cultura alternativa e de vangarda. Coa música como motor principal pero cunha clara vocación multidisciplinar, promove, a partir dun contexto íntimo, a procura e difusión de novas propostas culturais. Música, artes visuais, cinema, arte…

4 setembro 2016 - 4 xuño 2017

FILOCAFÉ NO CGAC

O primeiro domingo de cada mes ás 18:30, desde setembro ata xuño (agás nos meses de decembro e xaneiro), o CGAC organiza un filocafé na súa cantina. Os filocafés son conversas públicas cun enfoque filosófico nas que poden participar todas as persoas interesadas en intercambiar inquietudes ou puntos de vista desde cal…

18-22 maio 2016

SEMANA DOS MUSEOS

Con motivo do Día Internacional dos Museos (DIM), o 18 de maio, o CGAC propón unha semana de actividades para diversos públicos. O ICOM (Consello Internacional de Museos) é unha organización internacional de museos e profesionais dirixida á conservación, mantemento e comunicación do patrimonio natural e cultu…

abril-xuño 2016

FILOCAFÉ NO CGAC

O primeiro domingo de cada mes ás 18:30 o CGAC organizará un filocafé na súa cantina. Os filocafés son conversas públicas cun enfoque filosófico nas que poden participar todas as persoas interesadas en intercambiar inquietudes ou puntos de vista desde calquera disciplina ou nivel de coñecemento.  

30 marzo 2016

NERDNITE

Por cuarto ano consecutivo o CGAC colabora coa Universidade de Santiago de Compostela no desenvolvemento das nerd nites . O vindeiro mércores 30 de marzo, ás 21:30 h, terá lugar unha nova edición na Cantina do CGAC.

28 novembro 2015

I ENCONTRO DE PERFORMANCE CUARTO PÚBLICO

Na súa terceira edición, a feira de arte contemporánea Cuarto Público consolida o seu apoio á produción artística cunha nova convocatoria aberta de participación: o I Encontro de Performance Cuarto Público .

18 setembro - 3 novembro 2015

MEMORIA E ARQUIVO. CICLO DE CONFERENCIAS

Coincidindo coa exposición Arissa. A sombra e o fotógrafo. 1922-1936 , o CGAC presenta un ciclo de intervencións e comunicacións que abordarán como a investigación e valorización de distintos arquivos fotográficos históricos permitiu establecer unha nova lectura e interpretación de diversos autores.

11-13 setembro 2015

WOS INC 2015

WOSINC é un encontro de carácter anual que defende unha visión ampla da cultura alternativa e de vangarda. Coa música como motor principal pero cunha clara vocación multidisciplinar, promove, a partir dun contexto íntimo, a procura e difusión de novas propostas culturais

9-18 xuño 2015

VISITAS GUIADAS 2015

En plena primavera chegan novas citas do Programa de visitas guiadas conducidas por profesionais do ámbito cultural e artístico .

18-24 maio 2015

SEMANA DOS MUSEOS. MUSEOS PARA UNHA SOCIEDADE SUSTENTABLE

Co motivo do Día Internacional dos Museos o 18 de maio, o CGAC programa durante toda a semana, actividades de diversas disciplinas. Comezamos o luns cunha xornada de portas abertas. E ao longo destes días de celebración, o público poderá gozar ademais, dunha proposta de ge…

5 maio - 22 xuño 2015

CICLO DE CONFERENCIAS: MENTRES SUCEDE. DERIVAS DO PRESENTE

Mentres sucede. Derivas do presente pretende dar respostas sobre os lugares e as ideas da creación, nun ciclo de conferencias que xira sobre as distintas visiónsdo mundo artístico contemporáneo: Cales son as novas etiquetas do presente? Como resiste a crítica? Por que seguimos a desexar marcar novas tendencias…

27 xaneiro - 10 febreiro 2015

NOVAS VISITAS GUIADAS 2015

Novas citas do ciclo de visitas guiadas conducidas por profesionales do ámbito cultural e artístico para as exposicións A orde das primeiras cousas e máis É Capital.  

2-9 decembro 2014

NOVAS VISITAS GUIADAS 2014

Novas citas do ciclo de visitas guiadas conducidas por profesionales do ámbito cultural e artístico para as exposicións de Hospitalidade. Obras da colección e Rosendo Cid. O enxeño da escaleira .

27 novembro 2014

KAGE WHERE K FOR KOTT. PERFORMANCE DO ARTISTA FILIPPOS TSITSOPOULOS

Filippos Tsitsopoulos (Atenas, 1967). É un artista multidisciplinar. Estudou Pintura na Universidad Aristoteleion de Tesalónica e posteriormente o doutoramento na Universidade Complutense de Madrid. As súas obras toman forma de instalación, vídeo-teatro e media art .

25-27 setembro e 1-3 outubro 2014

DE CORPO EN LUGAR. ARTES VIVAS NO MUSEO

De corpo en lugar é un programa internacional de artes vivas no espazo museístico articulado arredor das propostas performativas Ministerio de Asuntos do Movemento (BMfB), da performer austríaca Amanda Piña, e thinging bodies, da artista turca Ayşe Orhon.

25 setembro - 29 outubro 2014

NOVAS VISITAS GUIADAS

Novas citas do ciclo de visitas guiadas conducidas por profesionales do ámbito cultural e artístico  para as exposicións de J uan Uslé. Luz oscura , Mark Manders. Curculio Bassos e Diego Santomé. Peza de esquina e outros espazos en conflito .

14 xaneiro - 18 marzo 2014

CICLO DE CONVERSAS SOBRE A EXPOSICIÓN 93

Como complemento á mostra 93 , coa que o CGAC celebra o seu vixésimo aniversario, o centro organiza unha serie de encontros cos artistas presentes na exposición. A través deles pretende ofrecer unha visión xeral do contexto da arte a comezos dos anos noventa.

5 xullo 2013

CONVERSAS COLECTIVAS

Venres, 5 de xullo, na sala de exposición terá lugar a lectura pública na que se presentarán os resultados do traballo realizado polos participantes no taller Conversas colectivas co artista Ricardo Basbaum ao longo da semana.

20 xuño 2013

NERD NITE

Este xoves 20 de xuño ás 22:00 horas, o CGAC colabora coa USC pechando o ciclo de lecer e coñecemento Nerd Nites en Santiago de Compostela. A cita dará comezo na cafetería do CGAC para, se o tempo o permite, subir despois á terraza e contemplar o ceo con telescopios.

16-18 maio 2013

CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

Para celebrar o Día Internacional dos Museos diferentes museos da cidade compostelá organizan actividades de xeito conxunto. Dentro desta programación, o CGAC inicia unha nova edición do ciclo Música e arte. Correspondencias sonoras, que comezará o xoves 16 de maio, e comparte co Museo do Pobo Galego o espe…

7 maio - 11 xuño 2013

NOVAS VISITAS GUIADAS

7 maio - 11 xuño Novas citas dentro do ciclo de visitas guiadas conducidas por profesionais do ámbito cultural e artístico para as exposicións Miguel Palma: Desconforto moderno e Colección CGAC: adquisicións e incorporacións recentes .

9 febreiro

FORO DAG (ASOCIACIÓN GALEGA DE DESEÑADORES)

9 febreiro O auditorio do CGAC acollerá o Foro DAG: propostas de avance para o deseño , unha iniciativa da Asociación Galega de Deseñadores dirixida a todas as persoas interesadas no deseño e no papel que este debe xogar na sociedade actual.  

21 - 26 decembro

SESIÓN DE FOTOGRAFÍA. O CGAC A TRAVÉS DO OLLO DIXITAL

21 e 26 decembro Fotografar un espazo de arte contemporánea, camiñar na procura da mirada persoal arredor das exposicións e do edificio de Álvaro Siza ou o parque de San Domingos de Bonaval é a proposta do fotógrafo Fuco Reyes (Santiago de Compostela, 1965) para esta sesi…
Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal