Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook twitter Youtube rss

11-14 xullo 2017

A NOVA VIDA DAS IMAXES: FOUND FOOTAGE. TALLER DE CREACIÓN AUDIOVISUAL

Con motivo da exposición Bañistas , ensaio visual de fotografía anónima atopada na que o comisario Xosé Manuel Buxán Bran recupera material fotográfico abandonado, o CGAC programa, no marco dos Talleres de Lecer , un taller de found footage dirixido por Javier Trigales.

18 febreiro - 18 xuño 2017

O CORPO. TALLERES PARA FAMILIAS

O CGAC presenta un novo ciclo de talleres de experimentación artística dirixidos a familias con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 eos 9 anos. Os pequenos e pequenas poderán descubrir, crear e gozar en familia e achegarse xuntos ao fascinante universo da arte contemporánea. Nesta nova edición de Talleres…

28 xaneiro - 2 xullo 2017

MIES É + TALLERES EXPERIMENTAIS DE ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA

O arquitecto Fermín Blanco, a través do equipo didáctico do Sistema Lupo, propón unha serie de talleres de arquitectura dirixidos ao público infantil. O obxectivo é proporcionarlles aos nenos e nenas as claves necesarias para interpretar a arquitectura contemporánea mediante o legado das figuras máis relevantes do no…

28 decembro 2016 - 4 xaneiro 2017

TALLERES DE NADAL 2016

Este Nadal o CGAC prepárase para acoller dous talleres dirixidos a nenos e nenas de entre 4 e 9 anos arredor das suxestivas exposicións das artistas Eva Lootz e Berta Cáccamo.

22- 25 novembro 2016

WOLFRAMIO. XORNADAS DE INVESTIGACIÓN COMPARTIDA CON EVA LOOTZ

Wolframio é un proxecto en curso iniciado por Eva Lootz con motivo da exposición Cut Through the Fog . Trátase dun traballo de investigación que indaga no papel das minas de volframio en Galicia durante a Segunda Guerra Mundial, así como nas repercusións que a extracción dese metal tivo no tecido social gal…

5-29 xullo 2016

TALLERES DE LECER 2016

Como cada ano, o CGAC presenta unha oferta de talleres para nenos e nenas durante o verán, que se desenvolverán, nesta ocasión, ao longo do mes de xullo. Con eles convidamos os pequenos a participaren en diversas experiencias artísticas enrelación coa arte contemporánea.

18 xuño - 18 decembro 2016

A-B-CONTEMPORÁNEO. TALLERES PARA FAMILIAS

A artista Rebeca Mariño propón un ciclo de talleres de experimentación artística dirixido a familias con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 9 anos. Un momento paradescubrir, crear e gozar en familia arredor da arte contemporánea.

26 e 27 de maio de 2016

IDENTIDADE. TALLER DE MARISA GONZÁLEZ

O taller que propón Marisa González (Bilbao, 1945), desenvolverase ao redor da súa práctica artística no marco da exposición Rexistros domesticados, que pode visitarse no CGAC ata o 19 de xuño de 2016.

27 febreiro - 29 maio 2016

MIES É +... TALLERES EXPERIMENTAIS DE ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA

MANIFESTA, IMAXINA, EXPERIMENTA, SINTE! O arquitecto Fermín Blanco, a través do equipo didáctico de Sistema Lupo, propón unha serie de talleres de arquitectura dirixidos ao público infantil. O obxectivo é proporcionarlles aosnenos e nenas as claves necesarias para interpretar a arquitectura contemporánea mediante o l…

22-30 decembro 2015

TALLERES DE NADAL 2015

Para este Nadal o CGAC programou dous obradoiros dirixidos a nenos e nenas entre os 4 e os 9 anos. As actividades xirarán arredor da pintura, a escritura, as viaxes emocionais, a poesía, a natureza, os camiños, as pegadas e outras ideas que se desprenden da exposición Interaccións , do artista Javier Vallhonrat, que…

7-31 xullo 2015

TALLERES DE LECER 2015

Estes talleres ofrécenlles aos máis novos unha oportunidade única para establecer contacto directo con profesionais de diferentes ámbitos da cultura e da arte, ao tempo que promoven o coñecemento activo dalgúns dos procesos de creación característicos do noso tempo. …

18-19 maio 2015

FOTOGRAFANDO O ESPAZO HABITADO. TALLER CON LUÍS DÍAZ DÍAZ

Neste obradoiro, dirixido a afeccionados e a profesionais do medio fotográfico, da arquitectura e do deseño, estudaremos os códigos técnicos e visuais propios da fotografía arquitectónica e realizaremos un exercicio práctico que consistirá nunha reportaxe sobre o edificio do Centro Galego de Arte Contempo…

17-25 abril 2015

O A CO R, AR E O T CO E, TE. TALLER CON SUSO FANDIÑO

O primeiro día de colexio ensínannos a xuntar as consoantes coas vogais, ensínannos a interpretar e máis tarde a asociar esta aprendizaxe co mundo que nos rodea. Ao abrir un libro podemos interpretar páxina a páxina sen necesidade de ter diante cada un dos obx…

22-30 decembro 2014

TALLERES DE NADAL

Este Nadal o CGAC presenta dous talleres impartidos polos artistas Xesús Carballido e Rebeca Mariño dirixidos a nenos e nenas de entre 4 e 9 anos.Nesta edición, os participantes poderán reflexionar sobre a importancia da arte para comprender o mundo que os rodea a partir das mostras de Carlos León e Rosendo Cid e da …

15 xullo - 8 agosto 2014

TALLERES DE LECER

Xa chegou o verán e con el unha nova edición dos talleres de lecer no CGAC. As actividades que imos desenvolver este ano propoñen un achegamento, baseado na experimentación, ás diferentes manifestacións artísticas contemporáneas. Cada proposta está pensada para que as persoas participan…

8-10 abril 2014

TALLER CON CHELO MATESANZ. SEXUALIDADE METAFÓRICA

O taller que propoñemos non pretende atender a cuestións sexuais, senón a aquelas categorías nas que a sociedade e a sexualidade atoparon lugares para afianzarse como imaxes de perpetuidade. Reconstruíndo ou reinterpretando a cita de McLuhan, poderiamos dicir que a sexualidade sería a mensaxe.

26 decembro 2013 - 3 xaneiro 2014

TALLERES DE NADAL

Coa chegada do nadal o CGAC presenta a súa proposta acostumada de actividades para nenos e nenas de 4 a 9 anos, que terán a oportunidade de vivir e explorar a arte contemporánea da man de artistas e doutros profesionais do mundo da cultura.

9 xullo - 9 agosto 2013

TALLERES DE LECER

Un verán máis, o CGAC programa os seus talleres de lecer nos meses de xullo e agosto. O obxectivo é que os nenos e nenas reflexionen sobre a importancia da arte para comprender o mundo que os rodea e que teñan a oportunidade de se implicar nos procesos creativos da man de artistas e profesionais de diferentes discipl…

1-5 xullo 2013

TALLER CON RICARDO BASBAUM

As conversas colectivas son accións que buscan integrar a escritura e a súa emisión sonora a través da voz e da fala, en relación cos distintos niveis discursivos que están presentes na obra de arte contemporánea. Construídas sempre en grupo, de maneira multivocal e polifónica, e buscando actuar no campo de emisión …

23-26 abril 2013

TALLER DE ARTISTA CON MIGUEL PALMA

“Convido a todos os estudantes a desenvolver ideas e a poñelas en práctica, antes de que sexa tarde”. Miguel Palma O taller comezará cunha visita á mostra que acolle o CGAC, Miguel Palma. Desconforto moderno , en compañía do propio artista. Logo de percorrer as salas de exposición, propiciarase unha conversa …

13 abril 2013

TALLER SEN MOVERTE DEL SOFÁ

O CGAC continúa a desenvolver o proxecto Sen moverte do sofá (idea orixinal de Arquitectives), un ciclo de talleres de arquitectura que pretenden dar a coñecer aos asistentes diferentes cidades coa axuda doutros compañeiros do territorio español que, coma eles, participan no proxecto.

23 febreiro 2013

TALLER SEN MOVERTE DO SOFÁ. II CICLO DE TALLERES DE ARQUITECTURA

O CGAC continúa a desenvolver o proxecto Sen moverte do sofá (idea orixinal de Arquitectives), un ciclo de talleres de arquitectura que pretende dar a coñecer aos asistentes diferentes cidades coa axuda doutros compañeiros do territorio español que, coma eles, participan no proxecto.

25 xaneiro 2013

TALLER DE ARQUITECTURA EN COLABORACIÓN CO COAG E ASPANAES

Este venres, 25 de xaneiro, entre as 11 e as 13.30 horas celebraremos un taller experimental de arquitectura en colaboración co COAG (Colexio de Arquitectos de Galicia) e Asociación de Pais de Persoas con Transtorno de Espectro Autista.

27 decembro 2012 - 4 xaneiro 2013

TALLERES DE NADAL

Coa chegada do Nadal, o CGAC propón varios talleres de creación artística para nenas e nenos de 6 a 9 anos, nos que poderán explorar e experimentar a natureza a partir da exposición do artista Fernando Casás, o agora xa foi e o denantes será . A artista e educadora Paula Pellón, guiará os grupos na busca de expres…

31 outubro 2012

BAIXADA A ESQUELA. TALLER DE SAMAÍN CON JACK MIRCALA

Na véspera do Samaín, o artista madrileño Jack Mircala chega ao Centro Galego de Arte Contemporánea cargado coas súas cartolinas, lapis de cores, pegamentos, tesoiras e cutters, e disposto a desvelar os segredos que o converteron nun dos ilustradores máis orixinais do panorama español. O CGAC exhibirá asemade Ba…

28-29 setembro e 5-6 outubro 2012

TALLER DE PERFORMANCE. O CORPO TRANSPARENTE

O corpo transparente é un taller de creación artística que, tomando como punto de partida o traballo desenvolvido pola artista donostiarra Esther Ferrer e as súas reflexións acerca da performance, ten como obxectivo fundamental compartir un tempo de experiencia creativa baseado na importancia do presente e na nat…

22-23 setembro, 3-4 novembro 2012

TALLER DE CREACIÓN DIXITAL COLECTIVA CON PURE DATA

Dirixido por Ángel Faraldo Con esta iniciativa preténdese formar un grupo de creación dixital colectiva no que se reúnan compositores, instrumentistas, artistas sonoros e/ou visuais, e persoas interesadas no eido da música contemporánea na súa máis ampla acepción. O contorno de programación musical Pure Data (Pd…

10 xullo - 10 agosto 2012

TALLERES DE LECER

Como cada ano, o CGAC organiza unha nova edición dos talleres de lecer nos meses de xullo e agosto, con propostas de creación inspiradas nas exposicións que vai acoller o centro durante o verán. Os talleres terán unha duración de catro días durante os cales os asistentes poderán reflexionar sobre a impor…

29 xuño 2012

TALLER CON JORGE ARRANZ

SANTIAGO DE LESTE A OESTE: CADERNO DE VIAXE 29 xuño O obxecto deste taller é sacar a creatividade que levamos dentro. Para iso, valerémonos do debuxo como instrumento de linguaxe porque o realmente importante é que os nosos debuxos falen por nós. Que a liña substitúa a letra. O que imos pór en práctica é …

27 maio - 23 xuño 2012

TALLERES DE ARQUITECTURA: SEN MOVERTE DO SOFÁ

SEN MOVERTE DO SOFÁ O CGAC presenta o proxecto Sen moverte do sofá (proxecto orixinal de Arquitectives). Unha serie de talleres de arquitectura que pretenden dar a coñecer aos participantes diferentes cidades coa axuda doutros compañeiros do territorio español que, coma eles, forman parte do traballo. A trav…

27 decembro 2011 - 5 xaneiro 2012

TALLERES DE NADAL

O CGAC inicia unha nova convocatoria dos talleres de nadal , unha actividade xa clásica na programación do centro durante os meses de decembro e xaneiro. A oferta inclúe dous obradoiros que, centrados na fotografía e a arquitectura, procuran público de entre 7 e 12 anos.

13-14 xullo 2011

TALLERES DE LECER

Como todos os anos o CGAC presenta a súa oferta de talleres para nenos e nenas durante o verán, nesta ocasión organizados para o mes de xullo. Con eles invitamos os pequenos a participaren en diversas experiencias artísticas en relación coa arte contemporánea, que é moito máis que simple visualización, polo q…
Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal