Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook twitter Youtube rss

A colección permanente do CGAC creouse en 1995 e, desde entón, non deixou de se enriquecer con incorporacións de obras procedentes do contexto galego e internacional, con especial atención aos artistas españois, portugueses e latinoamericanos.

Os seus fondos fóronse incrementando grazas a unha política de adquisicións coherente, baseada en criterios de calidade e diversidade, e na actualidade conta con máis de 1.200 pezas adquiridas con cargo aos orzamentos anuais da institución ou ben mediante doazóns de coleccionistas particulares, institucións ou artistas.

A colección está constituída fundamentalmente por obra de artistas que viron  consolidada a súa traxectoria a partir da segunda metade do século vinte e algunhas das súas obras emblemáticas foron concibidas especificamente para os espazos do CGAC.

O centro alberga, ademais, fondos procedentes dalgunhas coleccións da Xunta de Galicia e da Colección Carlos Areán.

O elevado número de préstamos solicitados por outras institucións é, sen dúbida, o mellor indicador da calidade e relevancia conseguidas pola política de adquisicións e depósitos desenvolvida até hoxe polos sucesivos equipos directivos do centro.

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal