Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Vimeo Instagram rss
Política de accesibilidade

O Centro Galego de Arte Contemporánea procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexa independente dos dispositivos físicos e navegadores web empregados para tal fin e accesibles para navegadores adaptados a persoas con discapacidades ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

A política de accesibilidade aplicada polo Centro Galego de Arte Contemporánea está aliñada coas esixencias do Real decreto 1494/2007, do 12 de novembro, que aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.

Alcance

O alcance desta declaración de conformidade de accesibilidade é o de todas as páxinas do portal web do Centro Galego de Arte Contemporánea www.cgac.org que manteñan a mesma cabeceira e pé de páxina ca a portada do portal.

Cumprimento de estándares

As páxinas deste sitio web cumpren a marca AA segundo a Norma UNE 139803:2012 e as directrices de accesibilidade para o contido web 2.0 do WCAG 2.0 pola iniciativa de accesibilidade web (WAI) do World Wide Web Consortium (W3C). Todos os requisitos do nivel A e do nivel AA foron comprobados e corrixidos mediante unha análise semiautomática da accesibilidade a través de diferentes ferramentas.

Para a correcta visualización do portal gráfico é necesario poder executar Javascript.

Recoméndase utilizar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox, Chrome, Opera, Konqueror, Internet Explorer, Safari etc.

Data da última revisión

A última revisión sobre o nivel de accesibilidade deste portal foi realizada o 04/10/2013.

Uso das características de accesibilidade

O acceso ás características de accesibilidade varía entre os navegadores máis utilizados. Nesta sección descríbense os métodos concretos para sacar o maior partido das facilidades que proporciona cada un deles.

Teclas de acceso rápido

O acceso aos enlaces que teñen unha tecla de acceso rápido definida realízase pulsando distintas combinacións de teclas segundo o navegador:

• Microsoft Internet Explorer: pulse a combinación de teclas Alt, tecla de acceso rápido e, a continuación, RetornoEnter.

• Netscape e Firefox: pulse a un tempo as teclas Shift (a empregada para escribir letras maiúsculas unha por unha) e Alt, e a tecla de acceso rápido.

• Opera 7 e superior: pulse a un tempo as teclas Shift (a empregada para escribir letras maiúsculas unha por unha) e Esc, sólteas e a continuación pulse só a tecla de acceso rápido.

• En Macintosh a tecla Alt substitúese pola tecla Ctrl.

Neste portal web están dispoñibles as teclas de acceso rápido:

0 - Portada
1 - Accesibilidade
2 - Mapa do portal
3 - CGAC
4 - Información
5 - Servizos
6 - Amigos do CGAC
7 - Aviso legal
a - O EDIFICIO
b - EXPOSICIÓNS
c - ACTIVIDADES
d - COLECCIÓN
e - BIBLIOTECA
f - PUBLICACIÓNS
g - PRENSA
No caso de que haxa tabs, as teclas son:
A - Primeira
B - Segunda
C - Terceira
E así sucesivamente.

Tamaño dos textos

As páxinas da web do Centro Galego de Arte Contemporánea especifican o tamaño dos textos de forma relativa, é dicir, permiten que os navegadores aumenten ou diminúan o tamaño dos textos segundo as preferencias do usuario, e sen crear problemas de visualización.

Pode controlar o tamaño dos textos no seu navegador da seguinte maneira:

• Microsoft Internet Explorer: a través do menú “Ver” > “Tamaño de texto”.

• Netscape e Firefox: a través do menú “Ver” > “Tamaño do texto” ou empregando a combinación de teclas Ctrl "+" ou Ctrl "-", segundo se queira aumentar ou diminuír o tamaño do texto, respectivamente. Pulsando Ctrl= restablece o texto ao tamaño normal.

• Opera 7 e superior: a través do menú “Ver > Escala” ou empregando as teclas , - e * segundo se queira aumentar, diminuír ou restablecer o tamaño do texto.

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal