Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Vimeo Instagram rss

Nota legal

1. Titularidade e modificacións

www.cgac.org é un dominio en internet de titularidade da Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral de Cultura, Centro Galego de Arte Contemporánea, con domicilio en rúa Ramón del Valle Inclán 2, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña.

Os dereitos de propiedade intelectual desta web son de titularidade da Xunta de Galicia que se reserva a facultade de efectuar modificacións e actualizacións sobre a información contida nela en calquera momento e sen necesidade de aviso previo.

2.  Limitacións de uso

Os usuarios que accedan a esta web están autorizados para visualizar toda a información e contidos desta, así como para efectuar descargas ou reproducións privadas desta nos seus terminais, a condición de que os elementos reproducidos sexan destinados exclusivamente a uso persoal do usuario e non sexan posteriormente cedidos ou transmitidos a terceiros, nin se instalen en calquera servidor conectado directa ou indirectamente a internet ou a unha rede local de forma que sexa posible o acceso deses terceiros á citada información a través de medios distintos da propia web.

O uso non autorizado da información e demais elementos contidos nesta web, así como os prexuízos ocasionados nos dereitos de propiedade da Xunta de Galicia darán lugar ao exercicio das accións que legalmente lle correspondan a esta Administración e, se é o caso, ás responsabilidades que da vulneración deses dereitos se puidesen derivar.

As marcas e logotipos que aparecen neste sitio son propiedade da Xunta de Galicia ou de terceiras partes. Está prohibida a utilización destas marcas sen autorización previa escrita da Xunta de Galicia, ou das terceiras partes propietarias das marcas.

Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.

Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada. Tanto o acceso á web, como o uso que poida facerse da información contida nela son da exclusiva responsabilidade do usuario.

3. Propiedade intelectual

A Xunta de Galicia ten licenza de uso para reproducir e comunicar publicamente os textos e elementos gráficos que aparecen nesta web. Os devanditos contidos atópanse protexidos polos dereitos de propiedade intelectual que, se é o caso, lle corresponden á Xunta de Galicia e ás persoas que posúan a condición de autores ou aos seus herdeiros, conforme á lexislación vixente no ámbito da propiedade intelectual, singularmente ao disposto no Real decreto lexislativo 1/1996, de 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual.

A comunicación pública dos contidos a través da web non implicará en ningún caso a cesión, renuncia ou transmisión, total ou parcial, dos correspondentes dereitos de propiedade intelectual.

A infracción da normativa aplicable en materia de dereitos de propiedade intelectual polo usuario atópase suxeita á esixencia da correspondente responsabilidade legal por calquera uso, fóra dos permitidos, que supoña a vulneración de tales dereitos.

© das obras reproducidas na web do CGAC [PDF]

4. Responsabilidade

O contido facilitado a través deste sitio web emítese para efectos simplemente informativos. A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e dos prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas nel.

A Xunta de Galicia non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión aos contidos das ligazóns hipertextuais a terceiros que poida conter esta web. Recoñece que os dereitos de propiedade intelectual e industrial das páxinas enlazadas lles pertencen aos seus respectivos autores e propietarios e, a petición de calquera deles, a ligazón ou ligazóns retiraranse de xeito inmediato.

5. Tratamento dos datos de carácter persoal

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, e no resto da normativa de aplicación.

6. Lexislación aplicable e xurisdición competente

Estas advertencias legais réxense pola lexislación española. Todos os conflitos que puidesen derivarse da súa interpretación, aplicación e cumprimento, someteranse aos xulgados e tribunais da Comunidade Autónoma de Galicia, renunciando expresamente as partes a calquera outro foro que puidese corresponderlles.

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal