APERTURA DO PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS DE ADQUISICIÓN DE OBRAS DE ARTE PARA FORMAR PARTE DA COLECCIÓN CGAC DENTRO DA SECCIÓN CGAC- XACOBEO
No marco do Plan de reactivación nos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19, a Dirección Xeral de Politicas Culturais, a través do CGAC, promove unha convocatoria para a adquisición de obras de arte contemporánea de artistas galegos para a súa incorporación á Colección CGAC dentro da sección CGAC - Xacobeo cos seguintes obxectivos:
· Apoiar o sector das artes visuais e máis concretamente aos autores galegos/as de obras de arte e galerías de arte da Comunidade Autónoma de Galicia.
· Enriquecer a Colección CGAC cunha oferta ampla, diversificada e atractiva de obras que completen os seus fondos e dialoguen con eles.
Poderán presentar as súas solicitudes:
· Galerías de arte con sede na Comunidade Autónoma de Galicia.
· Autores de obras de arte galegos/as ou residentes en Galicia non representados por unha galería galega e con domicilio fiscal en Galicia.
O prazo para a presentación de solicitudes remata o 24 de agosto de 2020.
Contacto: xerencia.cgac@xunta.gal; 981 546 606 / 981 546 614
Documentos relacionados:
Resolución coas bases da convocatoria
Resolución nomeamento da comisión de valoración
RESOLUCIÓN DE ADQUISICIÓN DE OBRAS DE ARTE PARA LA COLECCIÓN CGAC, SECCIÓN CGAC-XACOBEO
III EDICIÓN DO PREMIO CGAC DE INVESTIGACIÓN E ENSAIO SOBRE ARTE CONTEMPORÁNEA
O Centro Galego de Arte Contemporánea convoca a terceira edición do Premio CGAC de Investigación e Ensaio sobre Arte Contemporánea co fin de promover a produción de pensamento sobre arte contemporánea en lingua galega.
Nesta ocasión o ensaio gañador será premiado con 3.000 euros ademais da súa publicación en forma de libro nalgunha das coleccións que conforman a liña editorial do centro.
Os autores premiados nas anteriores edicións foron o artista Rosendo Cid (Ourense, 1974), pola súa reflexión acerca da práctica artística contemporánea titulada A arte está feita dunha materia incerta e fragmentaria, e a crítica, investigadora e comisaria María Marco (Vigo, 1979), polo orixinal Tigres en magnolias. A maxia como transformación na arte contemporánea.
Para máis información poden consultar as bases reguladoras da convocatoria.
COMPOSICIÓN DO XURADO
No artigo 12 da Orde da convocatoria establécese a composición do xurado encargado de realizar a valoración do premio.
En virtude do anteriormente exposto e de conformidade co disposto no artigo12.2 da Orde da convocatoria.
Resolvo:
Designar como membros do xurado encargado de realizar a valoración para a concesión do III premio CGAC de investigación e ensaio en arte contemporánea ás seguintes persoas:
Presidente: Santiago Olmo García, director do Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC)
Vogais:
- Alberto Ruiz de Samaniego, profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra (Universidad de Vigo) crítico de arte e comisario de exposicións.
- David Chao Castro, profesor da Facultade de Historia da Arte (Universidade de Santiago de Compostela).
- Natalia Poncela López, crítica de arte e comisaria de exposicións.
Secretaria: Elena Expósito García, coordinadora do departamento de publicacións do CGAC.
O Centro Galego de Arte Contemporánea convoca a segunda edición do Premio CGAC de Investigación e Ensaio sobre Arte Contemporánea co fin de promover a produción de pensamento sobre arte contemporánea en lingua galega.
O ensaio gañador será premiado con 3.000 euros ademais da súa publicación en forma de libro dentro dalgunha das coleccións que conforman a liña editorial do centro.
Para máis información poden consultar as bases reguladoras da convocatoria.
COMPOSICIÓN DO XURADO
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2019
Pola Orde do 3 xuño de 2019 (DOG núm. 112 do 14 de xuño) convócase o II Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporáneo así como as bases que regulan a súa concesión.
No artigo 12 da Orde da convocatoria establécese a composición do xurado encargado de realizar a valoración do premio.
En virtude do anteriormente exposto e de conformidade co disposto no artigo12.2 da Orde da convocatoria.
Resolvo:
Designar como membros do xurado encargado de realizar a valoración para a concesión do II premio CGAC de investigación e ensaio en arte contemporáneo ás seguintes persoas:
Presidente: Santiago Olmo García, director do Centro Galego de Arte Contemporá neo(CGAC)
Vogais:
- Xosé Antón Castro Fernández, profesor da facultade de Belas Artes de Pontevedra (Universidade de Vigo), crítico de arte e comisario de exposicións.
-Susana Cendán Caaveiro, profesora da facultade de Belas Artes de Pontevedra ( Universidade de Vigo), crítica de arte e comisaria de exposicións.
-Miguel Anxo Rodríguez González, profesor da facultade de Historia dá Arte (Universidade de Santiago de Compostela).
Secretaria: Elena Expósito García, coordinadora do departamento de publicacións do CGAC.