Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Vimeo Instagram rss

Con cita previa

O CGAC ofrece visitas guiadas gratuítas ás súas exposicións temporais de martes a venres de 11:00 a 13:00 horas. Este servizo ten como finalidade estimular o interese pola creación artística contemporánea e facilitar a comunicación entre o espectador e as obras de arte.

No caso dos grupos escolares dos ciclos de educación infantil e de primaria, o persoal do Departamento de Actividades e Educación deseña, ademais, talleres didácticos específicos para complementar a visita ás mostras artísticas.

Duración aproximada das visitas:

Ciclo de educación infantil. Visita-taller: 60 minutos
Ciclo de educación primaria. Visita-taller: 90 minutos
Ciclo de educación secundaria, bacharelato e adultos: 50 minutos

Os grupos deberán ter un mínimo de 5 e un máximo de 25 persoas.

Calquera colectivo que o desexe pode solicitar unha visita guiada escribindo unha mensaxe electrónica a cgac.pedagogia@xunta.gal. A mensaxe deberá conter a seguinte información: o nome da persoa que formula a solicitude, o número de persoas de que consta o grupo, o día e a hora en que desexan realizar a visita, un número de teléfono e un enderezo electrónico.


Sen cita previa

El CGAC programa visitas guiadas durante el fin de semana. Todos los sábados (excepto los que, por requerimientos de montaje, no haya exposiciones), desde octubre de 2016 hasta junio de 2017, el público podrá acercarse al CGAC para disfrutar de las muestras expositivas acompañado por mediadoras especializadas en arte.Este servicio tiene como finalidad estimular el interés por la creación artística contemporánea y facilitar la comunicación entre el espectador y las obras de arte.

Para participar nesta actividade non é preciso solicitar cita previa. As visitas partirán da recepción do CGAC ás 12:00 h. Poden participar desde unha persoa até un máximo de 25 personas. O grupo fromarase por orde de chegada. As visitas terán unha duración aproximada de 50 minutos. A actividade é de balde.

Solicita unha visita guiada

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal