Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Vimeo Instagram rss
A Asociación de Amigos do CGAC foi creada en 1997 co fin, tal e como reza nos seus estatutos, "de promover, estimular e apoiar cantas accións culturais, nos termos máis amplos, teñan relación coa misión e actividades do CGAC". Froito dese sentido fundacional, a Asociación desenvolveu moitos proxectos ao longo dos anos, sempre relacionados coa difusión das actividades do CGAC, así como coa dimensión educativa e social destas.

Os devanditos proxectos valéronlle á Asociación ser declarada de utilidade pública polo Ministerio do Interior o 14 de abril do 2006, co que se consegue tanto un recoñecemento pola valía e importancia do seu traballo apoiando a misión do CGAC como unhas deducións fiscais para todos aqueles os seus socios.

Esta nova etapa que inicia o CGAC caracterízase por unha maior sintonía entre o CGAC e a Asociación, por un maior dinamismo e un aumento das actividades e da repercusión social da Asociación. En consonancia con esta nova dinámica de traballo formúlase un ambicioso proxecto para ter unha maior actividade no terreo empresarial e social, no da difusión e no da educación de amplos sectores de público non CGAC, así como unha maior implicación en todos os proxectos do CGAC.
Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal