Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta

Luns pechado 


Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Instagram rss
HORARIO

INVERNO
de martes a venres
de 11 a 15 h
de martes a xoves
de 16 a 18 h

VERÁN
do 15 de xuño ao 15 de setembro, de martes a venres
de 11 a 15 h 



CONTACTO

cgac.biblioteca@xunta.gal
Tel.: (+34) 981 546 611
Fax: (+34) 981 546 633

A biblioteca do CGAC, situada na primeira planta, conta cunha colección especializada en arte e cultura contemporánea. Este servizo está dirixido a persoas investigadoras, estudantes e ao público en xeral, á vez que serve de apoio ás exposicións e actividades realizadas no centro.

O fondo documental está formado por máis de 25.000 títulos entre catálogos, monografías de artistas, libros de historia e teoría da arte, catálogos de feiras, revistas especializadas nacionais e internacionais, material audiovisual e folletos, así como programas de actividades de distintos museos, convocatorias de premios e concursos.

Visite o noso catálogo

Recursos dixitais

Conversas con artistas


MEDIDAS DE HIXIENE E SEGURIDADE DA BIBLIOTECA

A biblioteca prestará ata novo aviso atención presencial con cita previa que deberán solicitar cun mínimo de 24 horas de antelación no seguinte enderezo de correo electrónico: cgac.biblioteca@xunta.gal

Acceso aos libros e outros recursos da biblioteca

Permitirase o acceso libre á colección de acceso directo, segundo as normas habituais establecidas pola biblioteca. Antes e despois de manipular cada material deberanse lavar ou desinfectar as mans.

As persoas usuarias utilizarán preferentemente os seus propios auriculares e aparellos electrónicos.

NORMAS DE USO

  • O acceso é libre e gratuíto para calquera persoa interesada, aínda que será obrigatorio respectar as normas básicas de comportamento co fin de non molestar nin poñer en perigo o material nin a integridade dos fondos da biblioteca.
  • A sala será utilizada para ler e investigar sobre as disciplinas vinculadas ás prácticas artísticas contemporáneas.
  •  Antes de acceder á sala de lectura, deberán depositar as súas bolsas, bolsos de man ou mochilas nos armarios ou na recepción do centro.
  •  Pódese acceder con ordenadores portátiles e móbiles sempre que se desconecte o son destes dispositivos. Se necesitan facer ou atender unha chamada, deberán abandonar a sala de lectura.
  •  Os fondos deben ser consultados sempre na sala de lectura xa que non existe o préstamo a particulares.
  •  Os recursos informáticos están dispoñibles para consultar o catálogo da biblioteca e acceder a información sobre temas relacionados coa arte ou a cultura contemporáneas.
  •  Non está permitido comer na sala de lectura. Si se pode beber sempre que as bebidas non conteñan alcol e estean en recipientes que poidan cerrarse.
  •  O acceso aos distintos servizos finaliza 10 minutos antes do peche da biblioteca.
  •  O acceso a Internet a través do ordenador da biblioteca terá un límite de 30 minutos.

SERVIZOS

  • Consulta na sala
  • Información bibliográfica
  • Reprodución de fondos
  • Acceso a Internet
  • Conexión wifi
  • Préstamo interbibliotecario
  • Visitas de grupo á biblioteca tras concertar cita


PREGUNTAS FRECUENTES


  • Como acceder? A biblioteca encóntrase na primeira planta do edificio. Accédese a través dunha porta corrediza situada na recepción do centro. Existe un ascensor que permite o acceso de persoas con mobilidade reducida.
  • Quen pode visitar a biblioteca? Todas aquelas persoas interesadas na arte e a cultura contemporáneas. O acceso é libre e gratuíto, non se precisa un carné.
  • Que horario ten? No inverno está aberta de martes a venres, de 11 a 15 h, e de martes a xoves, de 16 a 18 h, e no verán, de 11 a 15 h.
  • Pódese acceder con ordenador portátil? Si, pódese. Ademais existe conexión wifi.
  • Pódense levar prestados materiais para a casa? Non, non existe o préstamo a particulares.
  • Pódese consultar material audiovisual? Si, solicitándollo previamente ao persoal.
  • Pódese fotocopiar? Si, a reprodución das obras que constitúen o fondo da biblioteca está permitida, coas reservas que establece a lexislación aplicable en materia de propiedade intelectual e dereitos de autor. A porcentaxe reproducida de cada obra, en ningún caso, poderá exceder do 10 % do total. Non está permitida a reprodución dos materiais especiais, que deben ser solicitados ao persoal da biblioteca. 
  • Pódense facer fotografías? Si, a biblioteca dispón dunha mesa especial para fotografar libros. O uso das imaxes obtidas por este procedemento debe respectar a normativa vixente en materia de propiedade intelectual e dereitos de autor.


 


SUXESTIÓN DA BIBLIOTECARIA

Malos nuevos tiempos : arte, crítica, emergencia

Hal Foster
Ed. Akal , 2017

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
cgac@xunta.gal