Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Vimeo Instagram rss


Normas de acceso


Permítese tomar fotografías nas salas unicamente con cámaras de man. Non se permite o uso de flashes nin trípodes.

Non está permitido gravar imaxes de vídeo con ningún dispositivo no edificio, salvo autorización previa da xerencia ou do Departamento de Prensa do centro.


Os teléfonos móbiles deberán permanecer en silencio durante a visita ás exposicións.


Por motivos de seguridade, non está permitido o acceso ás salas de exposición con mochilas, bolsos de grandes dimensións, bolsas de deporte ou de viaxe, maletas, maletíns, paraugas, trípodes e obxectos similares. O centro dispón de servizo de gardarroupa e armarios para depositar os efectos persoais durante a visita. 


Non está permitido o acceso ás salas con comida ou bebida.


Non está permitida a entrada de animais, salvo cans guía.


Non está permitido fumar no interior do edificio.


Accesibilidade

O edificio está equipado con ascensores e aseos adecuados para o uso de persoas con mobilidade reducida. 


Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal