Ser socio da Asociación de Amigos do CGAC está ao alcance de calquera interesado na arte e a cultura. Cada socio poderá facer uso de servizos e beneficios, asistir con desconto ás actividades do CGAC, recibir información e disfrutar dalgunhas actividades específicamente deseñadas para eles.
Para ser socio é necesario solicitalo por escrito á Xunta Directiva e contribuír cunha cuota de entrada e outra anual. Hai dous tipos de socios: os socios protectores, que son persoas xurídicas que contribuen cunha cota de entrada de 3.000 euros e unha cota anual de 1.000 euros, e os socios colaboradores que contribuen anualmente con 24, 30, 60 ou 100 euros, dependendo de se son estudantes, xubilados, socios individuais ou familia amiga.
A Xunta directiva da Asociación, poderá establecer outra forma de colaboración, e adoptar a decisión de que existan diversos tipos de colaboradores da Asociación.