Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta

Luns pechado 





Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Instagram rss

LA RIBOT. MANUAL DE USO

Comisario/a: Iñaki Martínez Antelo

Artista: La Ribot

18 setembro 2020 - febreiro 2021. Hall, Espazo de Proxectos e auditorio

Aviso: Por motivos relacionados coa pandemia de COVID-19, a artista La Ribot viuse obrigada a adiar ate o xoves 26 de novembro a súa performance da Pièce distinguée n.° 45, que inicialmente estaba prevista para o 18 de setembro ás 19:00 horas no vestíbulo do CGAC.

Manual de uso é unha exposición de La Ribot (Madrid, 1962) na que se mostra un percorrido polos seus traballos dos últimos vinte anos. As obras que integran a exposición están, como todo o seu traballo, en unión compacta da danza coas artes visuais. Para unha artista que se move entre ambos os mundos, entre teatros, auditorios, salas de exposicións, museos e mesmo feiras de arte, moitas das súas creacións foron concibidas nestas oportunidades que ten para poder abordar diferentes traballos nos que un dos condicionantes principais é a temporalidade, unha cuestión que será tratada neste proxecto no CGAC, no que poderemos ver en directo a Pièce distinguée n.º 45, ademais dalgunhas das súas obras en vídeo, instalacións e fotografías.

Desde principios dos noventa comeza a traballar na construción dunha obra distinta na que empeza a desenvolver as Pezas distinguidas: solos de curta duración que iría acumulando en series/espectáculos desde 1993 e que xogan cos límites entre disciplinas artísticas. Algúns destes traballos chegaron mesmo a ser adquiridos por coleccionistas, expondo cuestións sobre o efémero, o inmaterial e o mercado da arte.

As súas coreografías teñen unha duración que vai desde apenas trinta segundos ata as seis horas de Laughing Hole, unha performance que, tras a súa estrea na feira Art Basel en 2006, puido verse en Galicia no MARCO de Vigo e continúa representándose por todo o mundo, como moitas outras das súas creacións.

O traballo de La Ribot está estruturado mediante un sistema que lle permite investigar, expandir e cuestionar os límites espaciais e temporais da danza e deixar atrás as fronteiras entre público e artista, recoñecendo tamén a figura dos técnicos e dos figurantes.

A exposición de La Ribot está dentro da primeira edición de Plataforma,  Festival de Artes Performativas, un proxecto desenvolvido por Performa S. Coop. Galega.

Folleto da exposición


Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
cgac@xunta.gal