Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta

Luns pechado 


Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Instagram rss

BREAKING THE MONUMENT (IMAGES OF RESISTANCE)

Comisario/a: Santiago Olmo e Fernando Gómez de la Cuesta

Artista: Ana Laura Aláez, Manal Al Dowayan, Ghada Amer, Zoulikha Bouabdellah, Kimsooja, Claudia Peña Salinas, Marinella Senatore, María María Acha-Kutscher

12 febreiro - 13 xuño 2021. Soto

O poder das imaxes, dos símbolos, da icona, pero tamén a representación política da historia, as súas manipulacións e omisións, son cuestións sobre as que se reflexionou de forma abundante desde a propia teoría e a historia da arte.

O novo monumento xa non é aquel que comparece sobre o pedestal no espazo público, xa non se trata da métopa sobre o muro, da placa sobre a parede, do busto do político, do retrato ecuestre do militar, da estatua do evanxelizador, da homenaxe ao conquistador, nin deses fálicos monólitos que se manteñen erectos nas nosas prazas. O novo monumento responde a iconografías máis sibilinas que son indiscriminadamente distribuídas polas redes, signos enxeñosos que nos resultan atractivos na súa superficie, símbolos de aparencia amable que asimilamos case sen darnos conta, sen apenas xerar conflito, pero que van institucionalizando no noso interior todas esas ideas tiranas e indiscriminadas, que van logrando os seus demoledores obxectivos, en ocasións desde o ruído, noutras desde o silencio e aocultación.

Breaking the Monument é unha selección de obras de artistas provenientes de contextos moi diferentes que, de moi diversas maneiras, atacan o poder das imaxes preestablecidas, de todas aquelas que nos manipulan e condicionan, que nos limitan, que nos reproban, censuran e autocensuran. Un conxunto de creadoras que traballan desde a sutileza, pero tamén desde o ataque frontal, desde a iconoclastia e a subversión dos símbolos, desde unhas novas imaxes de loita e de contrapoder, desde a omisión, a transmutación e a ironía, desde a visibilización e o conflito, unha imaxinería de defensa, reacción e contraataque, que opera desde a barricada e a poesía, que funde os bronces, que converte en entullos o mármore, que crea as novas imaxes de resistencia desde a emoción e a razón.


Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
cgac@xunta.gal