Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta

Luns pechado 


Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Instagram rss

PINGAS ROMPENTES. UNHA MIRADA A GALICIA. COLECCIÓN CGAC. EXPOSICIÓN ITINERANTE

Comisario/a: Sara Donoso

Artista: Carla Andrade, Berta Cáccamo, Eva Díez, Christian García Bello, Xurxo Gómez Chao, Vítor Mejuto, Álvaro Negro, Carme Nogueira, Pamen Pereira, Andrés Pinal

1 outubro - 9 xaneiro 2021. EXPOSICIÓN ORGANIZADA POLO CGAC NO MUSEO DO MAR DE GALICIA (Av. Atlántida, 160. 36208 Vigo)

Pingas rompentes forma parte do proxecto Unha mirada a Galicia, que se asoma á creación galega contemporánea a través da Colección CGAC. Nesta ocasión, propoñemos unha selección específica de obras para o contexto do Museo do Mar de Galicia. Un relato conxunto que visibiliza o interese pola auga, os seus tránsitos e derivacións, que en cada caso se asumen desde o político, o estético ou o social. Como esas pingas que irrompen nas rochas facendo resoar os seus ecos, asomámonos a un conxunto de pezas que asimilan desde un discurso propio a lóxica dos fluídos, que exploran os reflexos e a flutuante incidencia da luz, vencellan a súa memoria íntima ao latexar dun territorio ou revisan a historia para achegarnos a novas narrativas. Instándonos a investigar todo aquilo que subxace á atracción atlántica, esta mostra busca operar no imaxinario das artistas como unha esfera armilar a través da cal é posible localizar a nosa paisaxe máis plural.



Exposición organizada co apoio de:




Colabora: Museo do Mar de Galicia

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
cgac@xunta.gal