Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta

Luns pechado 


Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Instagram rss

CAMIÑOS II

Comisario/a: Santiago Olmo y Alberto Carton

Artista: Marina Abramovic y Ulay, Francis Alÿs, Jorge Barbi, Alberto Carneiro, Fernando Casás, Carma Casulá, Regina José Galindo, Irene Grau, Ignacio Pérez- Jofre, Andrés Pinal, Jaume Pinya, José Luis Seara, Xavier Vallhonrat

8 outubro 2021 – 23 xaneiro 2022. Primeira planta

Camiños é un proxecto que aborda o feito de camiñar, andar, pasear e a vivencia do camiño, do vagar, do itinerario e da peregrinación como fenómenos e experiencias artísticas.

performance, como reflexo das contradicións da vida social, e a apertura conceptual cara á paisaxe, que en canto acción e mirada supón a land art, converten a partir dos anos setenta o feito de camiñar nun tema central da arte contemporánea. Camiñar é unha acción que pode encerrar propósitos, intencións e simbolismos moi diversos, desde a resistencia política á opresión e ás inxustizas (as marchas e manifestacións son, á fin e ao cabo, formas de camiñar), ata iniciativas verdes de mobilidade ou motivacións de orde persoal. Na polisemia reside a súa forza.

Este proxecto expositivo pretende, por unha banda, recoller e mostrar o legado que a Colección CGAC foi construíndo sobre o tema da cidade, o Camiño de Santiago e a idea de camiñar e, por outra, seleccionar obras, artistas e proxectos especialmente significativos que centraron o seu foco na experiencia (emocional, ecolóxica, política ou paisaxística) do camiñar. Todos eles foron marcando nas últimas décadas a nosa sensibilidade cara ao camiñar e tamén cara aos seus significados. Con todo, a mostra carece de vontade enciclopédica ou histórica; ao contrario, a súa intención é fomentar no visitante unha experiencia visual baseada na diversidade e a pluralidade.

Con este fin Camiños pon en diálogo unha serie de artistas e proxectos que historicamente marcaron as formas de visualizar o camiñar e a evolución da idea de camiño. 

A mostra divídese en dous capítulos inmediatamente sucesivos no tempo, que ocuparán o mesmo espazo dentro do museo e funcionarán como relatos complementarios. Trátase dunha mesma exposición que se presenta en dous tempos ou, dito doutro xeito, dúas exposicións nunha. 





Exposición organizada co apoio de: 
Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
cgac@xunta.gal