Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado

Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss

JANE & LOUISE WILSON. TEMPO SUSPENSO

Comisario/a: Isabel Carlos

Artista: Jane & Louise Wilson

22 outubro 2010 – 2 xaneiro 2011

Para alén desas dúas obras emblemáticas serán exhibidos filmes, fotografías e algunhas obras inéditas, como unha serie de esculturas producidas especificamente para o espazo do CGAC que xogan coa arquitectura do edificio: régoas que miden e puntúan os varios espazos expositivos, máis alá dunha escultura suspensa inspirada en Rodchenko.

Hypnotic Suggestion 505, presentado pola primeira vez no Porto en 1993, no contexto da exposición A pasta de Walter Benjamin, comisariada por Andrew Renton, está baseado nunha idea de Jean Cocteau sobre o efecto hipnótico que o cinema pode provocar nas masas. Na proxección as artistas abdican da súa consciencia e tórnanse obxectos voyeurísticos para o público.

As instalacións correspondentes aos últimos cinco anos envolven o observador determinando igualmente unha forte presenza arquitectónica nos espazos. É o caso das obras presentadas Spiteful of Dream, de 2008, creado en Derby, que produce unha secuencia calidoscópica a partir do movemento dunha enorme turbina, ou da obra Unfolding the Aryan Papers (2009), con fotogramas do arquivo de Stanley Kubrick referente a unha longametraxe nunca concretada sobre o Holocausto. 

A mostra inclúe aínda unha serie de fotografías, en branco e negro e en ampla escala, dos búnkeres da segunda guerra mundial, que serviran como extenso sistema de fortificacións na costa da Normandía, comportando as marcas da guerra, a memoria do conflito e a disfuncionalidade no tempo presente que as configura como ruínas modernas.

Centrada na memoria histórica, a obra das xemelgas Wilson recupera lugares baleiros, áreas evacuadas sen control, ou espazos perdidos e abandonados, nunha viaxe que ten tanto de tempo psicolóxico coma de arqueoloxía de lugares e vivencias, transportándonos para un tempo suspenso. Trátase dun tempo suspenso entre épocas, a segunda guerra mundial e a actualidade; suspenso entre narrativas, da cinematográfica á cotiá; suspenso entre referencias artísticas, de Rodchenko a Kubrick.

Folleto da exposición


Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal