Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss

LECCIÓNS DE COUSAS. ANTÓN REIXA

Comisario/a: Miguel von Hafe Pérez

Artista: Antón Reixa

17 xuño - 16 outubro 2011

A mostra, titulada Leccións de cousas, divídese en dous apartados distintos: por unha banda, preséntase no auditorio unha escolma dos últimos trinta anos das intervencións máis relevantes deste autor no universo audiovisual, con pezas tan carismáticas como Salvamento e socorrismo (1985) ou Ringo rango (1992); por outra, no que constitúe o núcleo duro da exposición, un conxunto de oito obras inéditas en que a imaxe, a palabra e a performance se entrecruzan para afirmaren un territorio neodadaísta onde a irrisión e mais unha especie de saudade existencial se mesturan produtivamente.

A palabra, mínimo denominador común e refuxio último da práctica artística de Reixa, é determinante no contexto das instalacións que agora se presentan. Se en A solución Bukowski, Cicatriz-barullo e Aleluiapedia a performatividade lingüística se verte nunha secuencia de imaxes que lle serve de soporte matricial, nas restantes instalacións a imaxe apunta claramente a unha narratividade igualmente lingüística. Todas comparten a mesma visión dun presente erixido a partir de contradicións vitais, a partir dunha sociedade que toma o absurdo como ben común na construción identitaria e social.

Folleto da exposición

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal