Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado 

Durante o nadal, o CGAC permanecerá pechado os seguintes días:
25 de decembro
1 e 6 de xaneiro



Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss

JEFF WALL. O SENDEIRO SINUOSO

Comisario/a: Joël Benzakin

Artista: Jeff Wall, Marcel Duchamp, Delacroix, Manet, Rodney Graham, Bruce Nauman, Ian Wallace, Rainer Fassbinder, Chris Burden, Frank Stella, Carl André, Dan Flavin, Lawrence Weiner, Robert Bresson, Jean Eustache, Steven Soderbergh, Pier Paolo Pasolini, Michael Haneke, Ingmar Bergman, Luc and Jean-Pierre Dardenne, Luis Buñuel, Stanley Kubrick, Terrence Malick, François Truffaut, Diane Arbus, Eugène Atget, Bill Brandt, Walker Evans, Robert Frank, Raoul Hausmann, Helen Levitt, Peter Hujar, August Sander, Alfred Stieglitz, Weegee, Wols, Heinrich Zille, Hans Peter Feldman, Dan Graham, Douglas Huebler, Robert Smithson, Roy Arden, Jean-Marc Bustamante, Gursky, Craigie Horsfield, Thomas Ruff, Stephen Shore, Struth, James Welling, Winogrand, André Breton, Georges Bataille, Boiffard, Yukio Mishima, Ralph Ellison, Franzz Kafka, Kai Althoff, Patrick Faigenbaum, Martin Honert, Kerry James Marshall, Luc Tuymans, Stephen Waddell, Christopher Williams, Mark Lewis, David Claerbout, Willem De Rooij.

12 novembro 2011 - 26 febreiro 2012

Jeff Wall é, sen dúbida, un dos artistas máis influentes da arte dos tres últimos decenios. Desde finais do setenta, o artista canadense —coas súas fotografías de gran formato colocadas en caixas de luz— propúxose redefinir os paradigmas da fotografía. Desde os inicios da súa carreira, as súas imaxes —coas súas alusións á historia da arte e, máis concretamente, á pintura clásica— reflicten a súa convicción de que é posible manter unha certa continuidade incluso dentro dos canons do modernismo e o seu postulado de que é posible pintar a vida moderna.

A exposición O sendeiro sinuoso examina o contexto que propiciou o desenvolvemento da obra de Jeff Wall e, a través dunha ampla escolma tanto das súas obras coma das doutros artistas, aspira a percorrer a traxectoria das preocupacións estéticas do fotógrafo. O proxecto explora as íntimas interconexións entre o proceso creativo do artista e as influencias e indagacións que marcaron o tal proceso.

Estas influencias foron pictóricas, fotográficas, cinemáticas, literarias e documentais, e sumáronse ás posicións teóricas adoptadas polo propio Wall. A exposición quere amosar tanto a lóxica interna do seu traballo como as experiencias estéticas que guiaron as súas decisións e o conxunto da súa obra.

Na exposición abórdase unha gran diversidade de temas que resultan esenciais na obra de Wall: o minimalismo e a relación coa escala, a fotografía histórica, a fotografía conceptual e posconceptual, a literatura, a fotografía documental, etc. Vinte e cinco obras de Jeff Wall, que van os desde anos setenta ata a actualidade e que constitén, o cerne da exposición, serven para ilustrar estes temas xunto cunha escolma de obras doutros autores realizada polo comisario da mostra Joël Benzakin e polo propio artista. A exposición  non só constitúe unha oportunidade única para coñecer en profundidade a obra dun autor referencial da fotografía contemporánea, senón que permite reinscribir o seu traballo no contexto cultural en que este se desenvolveu. Cincuenta e nove artistas, de Eugène Atget a Luc Tuymans, foron coidadosamente escollidos para establecer un proveitoso diálogo cunha traxectoria enraizada na fotografía que acabaría por ter repercusión en todo o universo de arte contemporánea.

O sendeiro sinuoso: "É un camiñiño feito polos seus usuarios, sen plan preestablecido, para facer algo que a administración habitual non puido ou non quixo facer, de modo que hai un indicio de desobediencia ou de independencia: a xente pode facer cousas que non podemos prever”. Jeff Wall

Folleto da exposición

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal