Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss

GRAVITY & DISGRACE EP. II

Comisario/a: Miguel von Hafe Pérez

Artista: varios

13 xullo - 30 setembro 2012

Traballando a partir dunha recontextualización de imaxes preexistentes (Rosângela Rennó, Tacita Dean) ou a partir da creación de imaxes como relato ficcionado do pasado (Jorge Barbi), a arte interpela e interpreta a memoria como factor determinante na súa recepción crítica. O terreo esvaradío que se torna firme na aprehensión de formas convencionais, tanto na súa banalidade como na súa monumentalidade (Asier Mendizabal, Damián Ortega), repercute na posibilidade de que estas se ofrezan como elementos de reflexión sobre a súa configuración formal como dispositivos de significación.

Doutra banda, o espazo esvaradío que se afirma entre a putativa veracidade da imaxe e a narrativa paradocumental (Regina de Miguel, Iñaki Garmendia) corresponde a un designio reflexivo sobre a posibilidade da arte de se reinventar a partir de modelos conceptuais doutras disciplinas (científicas ou poéticas).

Inestable e esvaradío é, tamén, o lugar do creador, o seu espazo de intervención social nun campo expandido. Da reiteración da simple existencia e do dereito á pasividade improdutiva como forma de resistencia activa (Mladen Stilinovic) á reconstrución dun real mitificado como oposición a un real editado pola suma de feitos supostamente inevitables (João Tabarra), varias son as posibilidades e os camiños percorridos para a consolidación de alternativas á linearidade da autorreferencialidade compracente ou da facilidade populista e cínica que define unha parte significativa da produción artística contemporánea.

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal