Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado 

Durante o nadal, o CGAC permanecerá pechado os seguintes días:
25 de decembro
1 e 6 de xaneiro



Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss

JAMES WELLING: THE MIND ON FIRE

Comisario/a: Anthony Spira

Artista: James Welling

22 marzo - 16 xuño 2013

The Mind on Fire é a primeira exposición institucional en España do artista estadounidense James Welling (Hartford, Connecticut, 1951). A mostra, que comprende arredor de cento cincuenta obras, recrea algunhas das principais exposicións de Welling nos setenta e nos oitenta e reflicte a evolución da súa linguaxe abstracta e a súa experimentación cos efectos fotográficos. Inclúe colaxes, cadros, notas e outros materiais relacionados con esta época que culminaron, todos eles, na serie icónica Aluminium Foils, un conxunto de imaxes abstractas de carácter minimalista realizadas con láminas de papel de aluminio minuciosamente engurradas que semellan ceos estrelados ou paisaxes lunares.

Exposición organizada en colaboración con MK Gallery, Milton Keynes, y Contemporary Art Gallery, Vancouver.

Folleto da exposición


Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal