Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss

CRISTINA LUCAS. É CAPITAL

Comisario/a: Manuela Villa

Artista: Cristina Lucas

17 outubro 2014 - 22 febreiro 2015

En É capital Cristina Lucas (Xaén, 1973) analiza algunhas das principais incógnitas, paradoxos e retos que supón o actual sistema capitalista mediante catro obras de nova creación concibidas especificamente para o contexto desta exposición.

Plusvalía, a primeira das catro pezas da exposición, documenta a investigación da artista arredor do prezo actual do manuscrito de O capital, que escribiu Karl Marx a finais do século XIX e que é un dos tratados de política económica máis influentes da nosa época. Nel, Marx populariza o termo plusvalía, que define como a ganancia que obtén o capitalista da forza de traballo, e advirte que sen o devandito beneficio non habería sociedade capitalista.

A relación entre o valor de uso e o valor de cambio nunha sociedade rexida polas normas do capitalismo financeiro tamén está na base do traballo La cámara del tesoro, dúas fotografías de todo o ouro almacenado na Reserva do Banco de España. Lembremos que, mentres imperou o sistema patrón ouro, este metal precioso fixaba o valor da unidade monetaria dun país.

A serie de entrevistas titulada Capitalismo filosófico é unha tentativa de comprender a relación existente entre os conceptos filosóficos cos que comercian as empresas e a súa actividade comercial. Que é a Morte para unha empresa funeraria? Que é a Beleza para unha clínica de cirurxía estética? Que é a Verdade para unha notaría?

En El superbién común, a artista analiza unha dos principais paradoxos do sistema capitalista: a escaseza de recursos e a incapacidade do noso planeta para xerar riqueza suficiente, malia que todos os seus habitantes aspiran a un modelo de vida baseado no consumo ilimitado de bens e servizos.

Folleto da exposición

Novas relacionadas


Producen:                                            Colaboran:                                                             Co apoio de:

                             

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal