Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado

Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss

100 ANOS CON ALEJANDRO DE LA SOTA

Comisario/a: Moisés Puente

Artista: Alejandro de la Sota

16 abril - 15 xuño 2014

Transcorridos cen anos desde o nacemento de Alejandro de la Sota (Pontevedra 1913 - Madrid 1996), o CGAC acolle unha exposición organizada pola Fundación ICO en colaboración coa Fundación Alejandro de la Sota, na que se reflexiona sobre a súa figura, a súa obra, o seu maxisterio e, o que parece máis pertinente, sobre a actualidade do seu legado.

Alejandro de la Sota é probablemente o arquitecto moderno español que máis paixóns levantou. Á súa figura mítica de arquitecto cunha firme posición ética ante a profesión e un discurso lóxico e directo, hai que sumarlle unha das traxectorias máis intensas e coherentes da historia recente da arquitectura española. A pesar de que as nosas circunstacias non son as súas, o seu legado continúa estando aí, listo para facer uso del. Calquera lectura que fagamos hoxe da súa obra debería pasar de xeito obrigado pola súa actualización, quizais tamén pola súa desmitificación, por facer nosa a súa maneira tan singular de facer esa arquitectura que, como el sostiña, debería de escribirse cun a minúsculo.

Folleto da exposición

Novas relacionadas

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal