Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Vimeo Instagram rss

HOSPITALIDADE. OBRAS DA COLECCIÓN CGAC

Comisario/a: Miguel von Hafe Pérez

Artista: Antoni Abad, Lara Almarcegui, Helena Almeida, Juan Araujo, David Bestué & Marc Vives, Robert Breer, Pedro Cabrita Reis, Rui Calçada Bastos, Jota Castro, Ângela Ferreira, Alicia Framis, Anna Bella Geiger, Liam Gillick, Jonathan Hernández, Jirí Kovanda, Guillaume Leblon, Carlos Maciá, Rubens Mano, Peter Piller, Rubén Ramos Balsa, Frank Thiel, Mauro Trastoy.

18 novembro 2014 - 5 abril 2015

A institución museolóxica é unha creación da sociedade democrática e laicizada que atopou nela modelos de difusión da creación tanto plástica como doutra índole para cidadáns libres e con iguais dereitos de acceso á educación e a cultura. Hoxe, máis que nunca, debemos asumir o museo como espazo de liberdade e confrontación crítica coa realidade. En casos específicos coma o deste museo, que ademais de ser público é un dos últimos aos que se pode acceder de balde en territorio nacional, as súas salas conforman aquilo ao que tradicionalmente nos referimos como espazo público, como un xardín ou unha praza máis desta cidade patrimonio mundial.

A relación coas creacións individuais de artistas que pensan dun modo polifacético sobre o espazo doméstico, a súa relación coa sociedade (en forma de aproximación documental ou, no outro extremo do arco de posibilidades, con propostas ancoradas nunha estrañeza que provoca distanciamento) revela modos de mirar con maior complicidade crítica aquilo que nos rodea. Coma no espazo público, nun museo (e, agora, nestas salas) somos testemuñas daquilo que máis radicalmente nos define: a morte, a indiferenza, a ficción realizada e o real ficcionado, a vontade de superación colectiva, o amor, o inesperado ou o posicionamento político, nunha tesitura tan complexa como a propia vida. Sen prexuízos seremos máis libres. Con maior liberdade saberemos preservar para xeracións futuras o patrimonio contemporáneo.

Novas relacionadas

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal