Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado

Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss

CHRISTIAN GARCÍA BELLO. COMO TIZÓN QUEMADO

Comisario/a: Alberto Carton

Artista: Christian García Bello

6 marzo - 27 setembro 2015

Como tizón quemado é unha axilización do proceso creativo de Christian García Bello (A Coruña, 1986) cara á rotundidade contida do xesto e cara á severidade sen concesións dun carácter en evasión concreta e certamente radical. Esta evasión é fidelidade cara a un mesmo, achado do temporal que tende e se estratifica cara ao superior; e é atributo da individualidade transcendente que, ademais da integridade que se lle esixe, é tamén produto da inflexión da reflexión e da súa conversión en obxecto: a materialidade tridimensional, non equívoca e, menos aínda, derivativa e desinencial, na cal refuxiarse, acharse e refundarse.
A complexión non banal da instalación site-specific establece unha unidade lóxica co espazo (baleiro, luz e certas perspectivas aparentes), que particulariza o medio envolvente e o torsiona nunha sucesión de tensións verticais e horizontais reivindicativas dunha xeometría pura e razoada. E a utilización da madeira, do grafito ou da corda dálle textura a esa armazón primaria, insistente e focal, afirmación do inviolable do home e da súa unicidade substantiva.

Folleto da exposición


Novas relacionadas

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal