Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook twitter Youtube rss

ARISSA. A SOMBRA E O FOTÓGRAFO 1922-1936

Comisario/a: Rafael Levenfeld e Valentín Vallhonrat

Artista: Antoni Arissa

18 setembro - 15 novembro 2015

Arissa. A sombra e o fotógrafo. 1922-1936 é unha mostra de fotografías da Colección Telefónica dedicada ao catalán Antoni Arissa (Sant Andreu, 1900 - Barcelona, 1980). A exposición é o resultado do traballo de recuperación de arquivos fotográficos que Fundación Telefónica vén realizando desde hai anos, como o Archivo Fotográfico de Telefónica, Marín, Brangulí ou Virxilio Viéitez. O exhaustivo labor de investigación e restauración realizado polos comisarios Valentín Vallhonrat e Rafael Levenfeld, contribuiu a pór en valor a figura de Arissa como representante da introdución da Nova Visión na fotografía española dos primeiros anos do século XX.

A sombra e o fotógrafo amosa a evolución de Arissa desde o pictorialismo até a vangarda da Nova Visión, e faino a través dunha coidada selección de máis de cento cincuenta fotografías realizadas entre 1922 e 1936. Estas imaxes fálannos dun fotógrafo do seu tempo, que participa dos avances tecnolóxicos e as novas correntes artísticas do medio achegando a súa visión particular a partir dos experimentos realizados na intimidade do seu pequeno taller.

Exposición producida por Fundación Telefónica coa colaboración do Institut d’Estudis Fotogràfics de Catalunya.

Ás 18:30 horas na sala do Padroado do CGAC, Valentín Vallhonrat e Rafael Levenfeld impartirán a primeira dunha series de conferencias sobre a recuperación de arquivos e a súa incidencia na valoración histórica de determinados autores.

A exposición Arissa. A sombra e o fotógrafo. 1922-1936 realizada a partir dos negativos orixinais do autor. Os positivos, despois de seren restaurados dixitalmente, foron executados sobre papel de algodón con pigmentos minerais. A mostra compleméntase cun punto de documentación, habilitado na Biblioteca do CGAC, onde se poderá consultar máis información sobre a figura de Antoni Arissa e o seu contexto histórico. 


Folleto da exposición

Novas relacionadas


                                            Colabora:
        
          


Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal