Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado

Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss

LUIS GONZÁLEZ PALMA. CONSTELACIÓNS DO INTANXIBLE

Comisario/a: Alejandro Castellote

Artista: Luis González Palma

27 novembro 2015 - 13 marzo 2016

O universo de Luis González Palma (Guatemala, 1957) está formado por constelacións temáticas que orbitan ao redor da súa obra nun ciclo de permanente ida e retorno. A identidade e a memoria —eixos das súas primeiras series fotográficas— son abordados desde o retrato con persistentes ecos á pintura relixiosa, ao barroco e ao prerrafaelismo. Outras temáticas que sobrevoan o seu traballo son a introspección, a intimidade, a reflexión sobre o poder e a representación do non visible: “o que non se ve cando se mira, o que non se di cando se fala”. En realidade, toda a súa obra é unha reflexión sobre a mirada, que interroga a historia e a condición humana.

Luis González Palma utiliza unha sinfonía de solucións formais que son, segundo as súas palabras, “un intento de darlle corpo aos fantasmas que gobernan as relacións persoais, as xerarquías relixiosas, a política e a vida”. Para iso sérvese de elementos prestados do teatro e da imaxinaría católica, de códigos cinematográficos e recursos que proveñen da arquitectura, a danza, a música ou as técnicas antigas da fotografía. Na súa última serie, o minimalismo xeométrico sobreponse aos suxeitos que protagonizaron as súas primeiras obras, facendo convivir as dúas correntes antagónicas que marcaron a arte latinoamericana durante o século xx: a figuración e a abstracción.


Audio da conferencia  [castelán] (Luis González Palma e Santiago Olmo, 27 de novembro de 2015)

Folleto da exposición

Novas relacionadas

Taller con Luis González Palma


Exposición organizada e producida pola Fundación Telefónica.


Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal